Convivencia

21 de maio: Día da diversidade cultural

          O martes 21 de maio festexamos no instituto pola mañá o Día da Diversidade Cultural, así declarado pola Unesco desde 2002 a raíz da Declaración feita un ano antes na que se recolle a importancia de coñecer, respectar e conservar a inmensa riqueza que supón a variedade de culturas que hai no mundo como factor de integración e de inclusión e para un maior entendemento, máxime nestes tempos que corren.

Álbum: Curso 2023/2024 -> 21 de maio: Día da diversidade cultural

Convivencia: ampliando horizontes a través da lectura

O alumnado de 4º de ESO ven traballando ao longo do curso o seu desenvolvemento persoal, intelectual, afectivo e lingüístico na área de lingua castelá coa profesora Ainhoa:

“Mi corazón en una caja de zapatos”

“Almendra”

“Amarilla”

A través da mirada de distintos personaxes literarios afondan no autocoñecemento, as emocións, a autosuperación persoal e os valores sociais.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Lecturas para a convivencia

Formando novos mediadores e mediadoras

 Comenzamos a formación de novos mediadores e mediadoras para o vindeiro curso co programa de mediación impartido por Alicce

 A mediación é un proceso transformador que encerra unha experiencia de aprendizaxe para quen participa nela, conectando ás persoas cos seus valores, sentimentos, respecto polo outro, e adquirindo ferramentas para enfrontar os conflitos. 

A través da mediación os alumnos e alumnas poden abordar as situacións de conflito escolar dunha maneira nova e máis efectiva, responsabilizándose nunha participación comprometida cos cambios consensuados.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Formación de mediadores e mediadoras

Programa "Convivindo"

No mes de marzo 1º e 2º de ESO participou nos obradoiros de resolución positiva de conflitos do programa Convivindo  impartidos por psicólogas da Fundación Amigó.

  • A importancia da educación emocional.
  • As emocións: identificación e expresión.
  • Conflitos-emocions: a importancia da comunicación e como xestionar as nosas emocións ante os conflitos. 
Álbum: Curso 2023/2024 -> Programa Convivindo

A importancia da comunicación cos fillos e fillas

Nais e pais do alumnado de 3º ESO participan nas charlas impartidas polo Concello dentro do Programa "Máis que un teito" sobre a importancia do diálogo e a comunicación cos fillos e fillas e as estratexias máis axeitadas nestas idades. 

As veces non é sinxelo que os fillos e as fillas comuniquen as súas inquedanzas no eido familiar, e é moi importante favorecer o diálogo e a comunicación, que se sintan seguros e apoiados. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> A comunicación cos fillos e fillas

Como afrontar os conflitos no fogar

Nais e país do alumnado de 2º ESO participan nunha nova charla sobre cómo afrontar os conflitos no eido familiar e a importancia de repensar, dialogar e chegar a acordos.

O conflito é un proceso natural na sociedade e un fenómeno necesario para a vida humana, pode ser un factor positivo para o cambio e o crecemento persoal e interpersoal.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Afrontar os conflitos cos fillos e fillas

A importancia das normas e límites no fogar

Nais e pais do alumnado de 1º ESO participa no obradoiro impartido por Laura Pazo sobre a importancia das normas e límites no fogar como escudo preventivo ante todo tipo de adiccións e condutas inapropiadas. 

Os nenos e as nenas precisan ter límites claros que lles axuden a medrar nun contexto seguro e comprometido.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Normas e límites

Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño...

 Hoxe, 30 de xaneiro, o noso alumnado lembra mediante xogos a importancia dos dereitos humanos e do entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar, reforzando o seu desenvolvemento como cidadás críticos e comprometidos cos seus dereitos e cos dereitos doutras persoas.

Álbum: Curso 2023/2024 -> 30 de xaneiro, día da paz.

18 de decembro, día internacional das persoas migrantes.

 

Coincidindo coas celebracións de Nadal, ás portas xa das vacacións, concursos, presas, e carreiras polos corredores, non nos esquecemos de celebrar 

18 de decembro

día internacional das persoas migrantes.

 Verónica García (técnica de transformación social), e Momadou Diagne (técnico referente de migracións e diversidade) de Médicos do Mundo, con motivo da celebración deste día, e dentro do programa que se está a desenvolver no IES Un mundo en movemento”, agasállanos cun concerto de Tato López e Rafael Briceño da Casa da Trova-Espazo de Arte.  

Todos e todas somos axentes impulsores e importantes para o desenvolvemento, a prosperidade e o progreso. 

            

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> 18 de decembro, día internacional das persoas migrantes.
Distribuir contido