Coincidindo coas celebracións de Nadal, ás portas xa das vacacións, concursos, presas, e carreiras polos corredores, non nos esquecemos de celebrar o 18 de decembro día internacional das persoas migrantes. Verónica García (técnica de transformación social), e Momadou Diagne (técnico referente de migracións e diversidade) de Médicos do Mundo, con motivo da celebración deste día, e dentro do programa que se está a desenvolver no IES “Un mundo en movemento”, agasállanos cun concerto de Tato López e Rafael Briceño da Casa da Trova-Espazo de Arte. Todos e todas somos axentes impulsores e importantes para o desenvolvemento, a prosperidade e o progreso. |