Convivencia

Obradoiros de habilidades sociais

 As alumnas e alumnos de 1º ESO participaron ao longo do primeiro trimestre nos obradoiros impartidos pola fundación Amaina para mellorar as súas competencias sociais e interpersoais.

Mellorar as estratexias de comunicación interpersoais, o respecto, a empatía, a escoita activa,  e a resolución de conflitos de xeito asertivo son claves para unha convivencia positiva.  

Álbum: Curso 2023/2024 -> Habilidades sociais

A seguridade viaria, unha responsabilidade de todos e todas

 Desde o mes de setembro a policía local ven traballando con todos os grupos de ESO a importancia dos nosos estilos comunicativos e das nosas emocións nos desprazamentos activos cotiáns.

É moi importante dar respostas axeitadas e seguras as distintas situacións viarias, non só de conductores, se non tamén de peatóns, dos viaxeiros e viaxeiras, e de todos os usuarios e usuarias.

Todos e todas temos que contribuír á mobilidade segura e saudable.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Educación viaria

Convivencia: unha cuestión de dereitos

Na última semana do mes de novembro as alumnas e alumnos de 1º e 2º ESO participaron en dúas charlas do Plan Director para a mellora da convivencia nas que se abordaron dúas temáticas: 

  • O acoso e ciberacoso escolar
  • Os delitos de odio e discriminación

Con estas charlas preténdese concienciar as alumnas e alumnos da importancia do bo trato, do respecto, e do dereito de todos e todas á protección da súa integridade física e moral.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Plan Director
Distribuir contido