Actividades (LCeL)

Manzanas rojas - alumnado de 1º ESO C

Que artistazos temos no Castelao!

O alumnado de 1º ESO C decidiu poñer en escena a obra de teatro que leron para a materia de Lengua castellana y literatura: ‘Manzanas rojas” de Luis Matilla. Dirixidos pola súa profesora Marga e coa colaboración da profesora de Debuxo, Chus Ferrín; deron vida a un texto que reflicte á perfección o que é o noso instituto.

Integración, amizade e superación son os valores que transmitiron con esta xenial interpretación.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Manzanas rojas

Entrevistas a autores da literatura universal

O alumnado de Literatura Universal tamén se uniu ao proxecto Radiolao. Dende a materia, gravaron podcasts nos que entrevistan a autores e autoras do Romanticismo, Realismo e Naturalismo.

En breve na web da radio.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Gravación podcasts literatura universal

Visita a Santiago do alumnado de 3º PDC

O pasado luns 27 de maio o alumnado de 3° PDC fixo unha visita a Santiago de Compostela. En primeiro lugar foron ao Observatorio Ramón María Aller onde puideron descubrir os misterios do universo e a historia do observatorio e os seus telescopios. Ademais o astrónomo José Ángel Docobo especialista en estrelas dobres, ensinoulles como observar a imaxe do sol de día.
Xa pola tarde, visitaron o Pórtico da Gloria na catedral e xa de paso aproveitaron para darlle unha aperta ao apóstolo.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita a Santiago 3º PDC

Exposición Francisco de Goya y Lucientes

O alumnado de 3° PDC estivo traballando estes días sobre a figura de Goya e a súa obra dentro do proxecto interdisciplinar da biblioteca ESCRIBIR CON ARTE.
Investigaron sobre as técnicas, os motivos e a traxectoria do artista. Como mostra do seu estudo fixeron as cartelas informativas dunha escolma da gran obra do pintor aragonés.

Lecturas polo Día do libro, alumnado de 2º de bacharelato

Rematamos esta semana dedicada ao Día do Libro cunhas lecturas abertas do alumnado de 2º de Bacharelato.

Xunto coas súas profesoras de Lengua castellana y literatura, seleccionaron fragmentos das obras de lectura que lles entran nas probas ABAU.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Lecturas polo Día do libro 2º de Bach

Lecturas polo Día do Libro

Celebramos do Día do Libro como mellor sabemos: lendo!
O Departamento de Lingua castelá organizou xunto co alumnado de 1º e 3º da ESO unhas fermosas lecturas de obras recoñecidas da literatura española: 

Os de 1º da ESO leron: capítulo de 'Los Molinos' de El Quijote (adaptado); un diálogo de El Principito; la Canción del pirata; Caminante no hay camino y Romance de Fontefrida.

Os de 3º da ESO leron: adaptación de La Celestina e outra de Rinconete y Cortadillo.

 

Crónica do Parlamento Xove

Algunhas persoas din que debater é cousa de políticos. Outras din que non lles gusta porque iso implica saber falar en público e ter moita labia. Entón, por qué se lle ía dar a oportunidade de participar nun debate a uns estudantes de bacharelato?

Esa pregunta foi a que nos fixemos cando soubemos do concurso do Parlamento Xove: un torneo de debate organizado pola Xunta de Galicia no que mozos e mozas de todo o territorio galego compiten durante unha fin de semana nunha serie de enfrontamentos dialécticos. 

(fragmento) Sergio Costas, Roi Fernández, Xoel Romero e Alejandro Alonso

Parlamento Xove 2024

Parlamento Xove é un programa da Xunta de Galicia baseado nunha formación e competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización, tanto ‘a favor’ como ‘en contra’.

Nesta edición o IES Castelao participou na categoría de Bacharelato. Alejandro, Sergio, Roi e Xoel constituíron o grupo para debater arredor da pregunta formulada: Os Estados deben tomar medidas para limitar o desenvolvemento da intelixencia artificial?

Álbum: Curso 2023/2024 -> Parlamento Xove

Exposición Mulleres Inventoras

O alumnado de 3º ESO PDC elaborou unha exposición arredor de Mulleres Inventoras que está no recibidor do insitituto con motivo do 8m, Día Internacional da muller. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Exposición mulleres inventoras

Festexando San Valentín

O alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato colaborou coa Biblioteca Ramiro Fonte na preparación da actividade para celebrar San Valentín. Este fermoso mural, que leva por título “El muro de Julieta”, situouse no recibidor, onde o resto de compañeiras e compañeiros do Centro puideron deixar as súas declaracións de amor.



Distribuir contido