No mes de maio o alumnado de 2ºESO acudiu á actividade "Creactivity" de EduCaixa, un espazo baseado no movemento tinkering liderado polo Exploratorium de San Francisco no que os rapaces solventaron diferentes retos movilizando dun xeito transversal as súas competencias no campo STEAM (Sciencie, Technology, Engineering, Art e Matemática).
O 24 de maio acudiu ao noso centro Ignacio Colino, quen impartiu unha interesante charla sobre o uso responsable das novas tecnoloxías ao noso alumnado de 1ºESO dentro do programa "Navega con rumbo" organizado pola Consellería de Educación e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.
Clicando aquí podes descargar a presentación que acompañou a charla (pdf).
O 7 de maio visitáronnos voluntarios da Fundación Telefónica para desenvolver unha actividade co alumnado dos dous cursos de ciencias de 1º BAC. O alumnado recibiu unha charla introdutoria sobre a historia das telecomunicacións e viu modelos antigos de telefonía fixa e móbil. Tamén puideron observar como se realiza a técnica de fusión de fibra óptica e unha práctica de transmisión de datos mediante luz.
Aquí tedes algúns proxectos Scratch realizados polos alumnos e alumnas de TIC no curso 2014/2015:
Neste mes de marzo os alumnos da materia de TIC de 1º de bacharelato contaron ca presenza de Mara Sanmartín, que cursa o Máster de Profesorado, quen lles propuxo, entre outras actividades, a realización de varios vídeos publicitarios que debían incorporar, a ser posible, conceptos físicos, químicos e/ou matemáticos.
Neste vídeo podedes ver o proxecto de man articulada que realizaron os alumnos de 3º PDC no 1º trimestre deste curso 2014/2015: