Neste mes de marzo os alumnos da materia de TIC de 1º de bacharelato contaron ca presenza de Mara Sanmartín, que cursa o Máster de Profesorado, quen lles propuxo, entre outras actividades, a realización de varios vídeos publicitarios que debían incorporar, a ser posible, conceptos físicos, químicos e/ou matemáticos.
Parabéns a todos e todas os que participáchedes. Moitas gracias Mara polas túas aportacións!
Aquí tedes unha pequena mostra dos traballos realizados: