¿Deben as prendas deportivas responder a cuestións distintas da optimización para o desempeño da actividade física?

Esta é unha das cuestións plantexadas polo Departamento de Educación Física para reflexión do alumnado de 4º ESO dentro do Proxecta de Igualdade.

Con este traballo, intentamos que o noso alumnado reflexione sobre o sexismo na vestimenta deportiva das mulleres. Dita vestimenta pode ser asociada a unha sexualización da muller ou a un contexto cultural. A base esencial non é a vestimenta en sí, senón a incapacidade de elixir libremente entre diferentes opcións. En países islámicos as deportistas teñen a obriga de levar burka. Nalgúns deportes teñen a obriga de levar determinadas prendas.

A partir das cuestións plantexadas, o que se pretende é que o alumnado estableza unha reflexión ao redor da vestimenta, a súa importancia social e a imposición social das prendas. ¿Deben as prendas deportivas, responder a outras cuestións máis alá da optimización para o mellor desempeño da actividade física? ¿Deben responder a imposiciones culturais ou relixiosas?¿As atletas deben dispoñer de liberdade de elección a hora de vestirse para a competición?

Nestes enlaces podedes consultar algúns exemplos dos traballos entregados son:

file:///C:/Users/yolanda%20ruiz%20garcia/Documents/Buscando%20a%20igualdade %20no%20deporte.pdf 

file:///C:/Users/yolanda%20ruiz%20garcia/Documents/Buscando%20a%20igualdade %20no%20deporte%20II.pdf 

file:///C:/Users/yolanda%20ruiz%20garcia/Documents/trabajo%20EF%20evolucion% 20de%20la%20ropa%20femenina%20en%20el%20deporte%20entregar.pdf