Skip to Content

Blogues

Certificacións de competencias lingüísticas curso 2023-2024

Os alumnos matriculados en 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou na etapa de Bacharelato poden solicitar a realización dunha proba para certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL). 

Cada alumno poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente, a que curse como primeira lingua estranxeira (inglés).

Para solicitar a súa participación, os candidatos deben entregar na secretaría do IES  Canido,   con data límite o 31 de outubro de 2023 un compromiso individual de parte da familia que pode ser descargado na web do IES Canido ou solicitado na secretaría.

Plan de Actividades Extraescolares e Complementarias

Premendo no arquivo adxunto podedes consultar o Plan de Actividades Extraescolares e Complementarias para o curso 2023-2024.

Plan de actividades extraescolares e complementarias. Curso 2023-24

Aquí tedes á vosa disposición o Plan de Actividades Extraescolares e Complementarias deste curso escolar 2023/2024. 

Publicadas as listaxes provisionais do fondo de libros para o curso 2022/23 do IES Canido o día 12/07/2023.

 

 

As familias poden consultar as listaxes provisionais do fondo de libros de maneira telemática no caso de que fixesen a solicitude dese xeito ou  presencialmente na secretaría do instituto de 10:00 a 13:00 a partir de maña 13 de xullo.

As reclamacións ás listaxes provisionais poderán presentarse ata o venres 14 de xullo.

 

Os vales de material tamén poderán ser recollidos en secretaría.

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2023/2024

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B

Forma de presentación:

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na  aplicación  https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ , imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

 

Distribuir contido


by Dr. Radut