Skip to Content

Blogues

Saída escolar a Santiago de Compostela. 1º ESO IES Canido

O pasado mércores día 8, o alumando de 1º da ESO, coordinado por María Estraviz (EDL) e acompañado polas profesoras Sandra Juíz e Berta Rodríguez, participaron nunha homenaxe a Luisa Villalta no Gaiás de Santiago de Compostela. A escritora homenaxeada foi antiga profesora no IES Canido. Aquí tedes un pequeno resumo fotográfico do acto, ó que asistiu o Conselleiro de Cultura, José López Campos. As alumnas de 1º da ESO: María Omaña, Sara Leira, Sara Ramos, Paula Cartelle, Alejandra Piñeiro, Sabela Cobelo e Daniela Román participaron na súa homenaxe, parabéns pola vosa actuación, e moitas grazas tamén á profesora Daniela García pola participación na actividade. O resto da tarde, aproveitaron o día en Santiago comendo no casco histórico e visitando o Museo de Historia Natural e o Mupega.

Aquí tedes unhas fotos resumo realizadas pola fotógrafa Rocío Cibes.

Clasificación na Fase Local da Olimpíada Matemática Galega

O alumno de 2° de ESO Arón Ñacle Purriños clasificouse na Fase Local da Olimpíada Matemática Galega, zona de Ferrol, para participar na Fase Final, que terá lugar o xoves 23 de maio no Círculo de Belas Artes de Lugo. Desde o IES Canido celebramos a sua clasificación e desexámoslle moita sorte na Fase Final. 


Visita ó teatro Afundación a ver "Esas cousas marabillosas" de Elisardo de la Cruz.

O pasado 4 de abril o alumnado de 1º de Bacharelato do IES Canido asistiu á representación teatral de Elisardo de la Cruz "Esas cousas marabillosas" encadrada na oferta de Afundación no ciclo "Educación S.XXI. Una obra que emprega a comedia e a reflexión para achegarse a temas tan preocupantes e de interese coma é a sobre saúde mental. Esta obra é unha adaptación que a compañía Empatía Teatro fai do monólogo do inglés Duncan Macmillan, posta en escea dun xeito moi interactivo e integrando ó alumnado no desenvolvemento da mesma.

 

Xincana IES Canido 2024

 

Aquí tedes algunhas imaxes da Xincana que tivo lugar o 22 de marzo no IES Canido. O alumnado de 1º e 2º da ESO recorreu coa axuda dun mapa un percorrido de postos con retos e probas que foron superando traballando en equipo. Moitas grazas a Lidia Beceiro, pola coordinación da actividade, dos departamentos didácticos que colaboraron deseñando ditas probas, o profesorado vixiante, o persoal de conserxería e ó alumnado axudante de 3º da ESO, que gustoulle tanto a actividade que queren deseñar a vindeira edición. ¡Estamos desexando que así sexa!

 

Infografías 8M

O alumnado de 4º da ESO elaborou estas infografías para celebrar a conmemoración do 8M, día internacional da muller. Fixeron estos vistosos deseños coa axuda da profesora María Estraviz nas aulas de TIC. Bo traballo! Podedes ver as obras orixinais expostas no hall de entrada do IES Canido. 

Distribuir contido


by Dr. Radut