Skip to Content

Blogues

Canguro Matemático. IES Canido 2024

Aquí tedes a Brais Fernández Otero, de 3º A, flamante gañador, dentro do IES, no Canguro Matemático organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas e Coordinado no centro dende o Departamento de Matemáticas polos profesores Jota Rodríguez e Paula Méndez.  Na imaxe vedes a Brais co seu agasallo, un altofalante portátil.Houbo un total de 75 participantes, e os 15 mellores resultados recibiron tamén un pequeno obsequio que enviaron dende a organización. Moitas grazas a todos pola vosa participación e animámosvos a participar na vindeira edición. 

 

Canguro Matemático

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2024/2025

Informamos que está  aberto o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. 

O prazo de solicitude será do  21/5/2024 ó 21/6/2024 ambolos dous incluídos.

Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo:  ED330B

A solicitude poderá facerse de xeito presencial no IES ou ben de xeito telemático. Preme neste enlace para acceder  á información. 

 

Letras Galegas 2024: Luísa Villalta

Aquí tedes o cartel conmemorativo de Luísa Villalta, elaborado coa xenerosa aportación de Henrique Dacosta, profesor do IES sobre a tamén antiga profesora do centro Luísa Villalta. Feliz día das letras Galegas. Aquí no IES o celebramos con obradoiro de Lettering na Biblioteca rotulando verbas bonitas da nosa lingua e facendo un mural colaborativo coas mesmas que podedes ver no hall do instituto. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut