Skip to Content

Blogues

Viaxe Erasmus + a Verona, Italia

Esta semana temos a un grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO, acompañados polas profesoras Maca Torres e Chelo Gundín, en Verona, Italia. Viaxan no cadro do proxecto Erasmus + do IES, titulado "Zero Waste". Alí visitarán centros educativos e aprenderán máis sobre reciclaxe e o concepto "residuo cero". Hoxe están visitando Venecia cun chisco de choiva pero moitas ganas. 

erasmus

X Emprende Xove Minimarket 2024

Onte, día 21 de febreiro, o alumnado de 4º da ESO da materia Economía e emprendemento, participou no X Minimarket Emprende Xove organizado pola asociación Ferrolterra de empresarios novos. Esta actividade ten coma obxetivo difundir os valores empresariais entre a xuventude. Cada grupo de alumnos, presentó no minimarket organizado no Auditorio de Narón, o proxecto deseñado na aula e supervisado pola profesora de economóa Natalia Sanjosé. Parabéns polas vosas ideas e traballo. 

X Emprende Xove Minimarket 2024

Onte, día 21 o noso alumnado de 4º da ESO da materia Economía e emprendemento participaron no programa Emprende xove-Minimarket, programa que tten coma obxetivo difundir os valores empresariais e fomentar o emprendemento entre os máis xoves. Cada grupo de alumnos presentou un proxecto empresarial que prepararon na aula e compartiron con outros estudantes no Auditorio de Narón, que estaba a rebosar de talento e novas ideas. minimarket

Parabéns ás alumnas gañadoras da fase galega do concurso Odisea de Cultura Clásica 2024.

 

Na Voz de Galicia desta mañá,podedes ler o artigo adicado ás alumnas do IES Canido gañadoras do Concurso Odisea na súa fase Autonómica. O seu equipo, As Furias, xa está preparado para afrontar o vindeiro mércores a fase nacional do concurso. Premendo nesta ligazón podedes acceder ó contido completo.

Parabéns a Ángela, Andrea e Alba... e moita sorte para a final! Parabéns tamén ós seus profesores Jose Luis López e Magdalena Zambrano.

 

Felices festas.IES Canido 2024

Hoxe foi un día especial no IES, posto que foi o derradeiro día antes das vacacións de Nadal. Fixemos e repartimos postais de Nadal, sorteamos unha xenerosa cesta de productos navideños cedidos pola Anpa e finalmente premiamos o inxenio e bo facer de Sofía Rodríguez, Gurka Sighn, Hugo Pita,Daniela Porcel, Noa Pita, Sara Leira e Laura Castro, todos eles, gañadores do 1º Concurso de Xerseis de Nadal convocado pola Biblioteca do IES. Agora toca descansar e repoñer forzas para a volta ó cole....felices festas a todos e todas e próspero ano 2024. Moitas grazas a todo o alumnado pola súa participación, e ó profesorado e persoal non docente pola vosa colaboración.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut