A última semana de xuño, dentro do proxecto europeo Comenius Regio no que está a participar o instituto xunto con outras institucións galegas (consellería, parlamento e asociación BBT "o Treito"), unha delegación nosa visitou a prefectura grega de Magnesia. En concreto, fomos recibidos polos colegas gregos na cidade de Volos aínda que a maior parte do encontro tivo lugar na fermosa illa de Skiathos. Realizamos avances no proxecto que compartimos con eles e quedamos encantados coa excelente acollida que recibimos dos aprezados anfitrións.
O 9 de maio, dentro das actividades do mes cultural, o alumno de 4º ESO Samuel León impartiu unha charla sobre a aplicación Oruxmaps, considerada unha das mellores para gravar rutas de gps. Esta aplicación utilizámola para trazar as rutas de sendeirismo que se están a realizar co fin de elborar unha guía da zona para o proxecto europeo Comenius Regio. A actividade foi moi entretida. O alumnado asitente de 4º ESO, 3º ESO e Ciclo de telecomunicacións saíu encantado da conferencia.
EDUCATION AND THE LABOUR MARKET IN A EUROPEAN PROJECT FRAMEWORK
Novamente nos xuntamos para seguir traballando no proxecto do Comenius Regio. Xa se comezan a ver os resultados de traballos feitos ainda que nos queda moito por diante para cumplir os obxectivos previstos.
EDUCATION AND THE LABOUR MARKET IN A EUROPEAN PROJECT FRAMEWORK
Finalizada a estancia da delegación grega, podemos dicir que foi todo un éxito. Nós disfrutamos coa súa compañía e cremos que eles marcharon contentos, como se desprende da estupenda valoración que fixeron do encontro, nos cuestionarios de avaliación.