Skip to Content

Información xeral

A nosa Biblioteca

TECENDO COMUNIDADES. 1º FALADOIRO

O vindeiro luns realizarase pola tarde o 1º faladoiro que terá lugar na entrada do IES do Campo de San Alberto. Formarán parte del o alumnado da EBI e de 4º ESO. Alumnas e alumnos departirán amenamente un anaco sobre temas de interese xeral. Abrimos así un ciclo de redes comunicativas coas que pretendemos crear un tecido humano que una o alumnado do centro interxeracionalmente.

XXII Certame Literario "Alberto Romasanta"

Ábrese o prazo para presentar os traballos para participar no XXII Certame Literario "Alberto Romasanta" que organizan os equipos de dinamización da lingua galega dos dous institutos de Noia dende hai xa 22 anos con motivo das letras galegas. Se desexas ver as bases, pica enriba do cartel. Anímate!


Novidades da Biblioteca. Novembro 2015

Xa temos novos libros na biblioteca. Achégate a velos no estante de novidades

NOVIDADES (Biblioteca)

Este curso temos para vos todos os libros de lectura obligatoria e optativa que vos recomendan os profesores.

Tamén incorporamos novos títulos de actualidade como os que observades na imaxe.

Esperamos que vos gusten e que os disfrutedes.

Novidades 23-10-15

Foto esférica da biblioteca

Aquí vos deixamos outra das moitas colaboracións de Samuel León, alumno de 1º de bacharelato e membro do equipo TICs

Distribuir contido


by Dr. Radut