Segundo a resolución provisional , ao noso centro concédenselle axudas para que o alumnado de 2º de bacharelato, 1º de bacharelato Plurilingüe e 2º dos Ciclos formativos poidan realizar as probas de nivel de certificación lingüística.
Sentimos que a Consellería non outorgase axudas para o alumnado de 4º ESO , 1º Bacharelato e ciclos que presentaran solicitude para participar nas ditas probas.
Neste enlace poden consultar a resolución publicada pola consellería, coa relación de centros, e cursos, beneficiarios das axudas.