Skip to Content

Presentación do derbi Deportivo Celta do 21 de novembro do 2015

O alumnado de 3º ESO  do IES Campo de San Alberto e de 1º Bacharelato do IES Virxe do Mar participaron nunha excursión conxunta para asistir na Cidade da Cultura á presentación do derbi galego entre o Deportivo e o Celta deste sábado 21 de novembro en Riazor.

Presentouse unha peza audiovisual que invita ás dúas afeccións a unirse para gozar do noso derbi "Imposible sen ti".

A este acto acudiron, entre outros, os adestradores dos dous equipos, Víctor Sánchez del Amo e Eduardo Berizzo,  os xogadores Álex Bergantiños e Sergio Álvarez, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez FeijóoO acto foi presentado por Terio Carrera. 

Ao final do acto o alumnado poido facer preguntas e fotografiarse cas personalidades asistentes.

A noticia saíu en numerosos xornais e programas de televisión.




page | by Dr. Radut