INFORMACIÓN ADMISIÓN E MATRÍCULA FP BÁSICA CURSO 2024/25
MATRÍCULA EN 1º FP BÁSICA
Alumnado de nova incorporación en 1º de FP Básica e alumnado que repite 1º curso.
PRAZO SOLICITUDES DE INSCRICIÓN 1º CURSO: do 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 1º CURSO: as solicitudes cubriranse no asistente informático dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp e entregarase na secretaría do centro para ser validada, en horario de 9:00 a 14:00h.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO 1º CURSO: O día 8 de xullo poderase consultar a información da resolución provisional de solicitudes para cursar ensinanzas de formación profesional básica.. A matrícula farase presencialmente no centro educativo no prazo correspondente á adxudicación. Os centros de orixe comprobarán a corrección da información e terán ata o día 11 de xullo ás 14:00 horas para realizar as emendas que sexan necesarias.
PERÍODO DE RECLAMACIÓN CONTRA A RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE SOLICITUDES: As persoas que desexen reclamar contra a resolución provisional de solicitudes teñen desde o 8 de xullo ás 9:00 horas ata o 11 de xullo ás 13:00 horas. Serán os centros de orixe os encargados de emendar a información da listaxe.
MATRÍCULA 1º CURSO: a matrícula faise presencialmente no centro educativo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, a partir do día 23 de Xullo, a documentación a presentar podedes consultala no documento anexo.
MATRÍCULA EN 2º FP BÁSICA
Todo o alumnado que promocione de 1º a 2º de ciclo ou que repita 2º debe facer matrícula en 2º, presentará a solicitude de admisión e matrícula no mesmo centro en que estivese matriculado no curso previo.
PRAZO MATRÍCULA 2º CURSO: a partir do 23 de Xullo de 9:00 horas ata as 13:00.
MATRÍCULA 2º CURSO: a matrícula faise presencialmente no centro educativo, en horario de 9:00 a 14:00 horas nos prazos establecidos segundo a adxudicación, a documentación a presentar podedes consultala no documento anexo.
TODA A INFORMACIÓN ESTÁ DISPOÑIBLE NO ADXUNTO DE INSTRUCCIÓN XERAS FP BÁSICA 2024-25
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DOCUMENTOS ANEXOS FPB.pdf | 155.38 KB |
IMPRESO MATRÍCULA FPB.pdf | 162.2 KB |
Instruccións Xerais FP Básica 2024-25.pdf | 165.5 KB |