Adaptacións das actividades ao marco da pandemia
A situación actual levanos a unha adaptación e flexibilización da programación da materia, buscando os obxectivos esenciais e aprendizaxes imprescindibles para o alumnado, con actividades e tarefas que primen a SEGURIDADE, PROMOCIÓN E PROTECCIÓN DA SAÚDE tanto individual como colectiva.
Neste curso, tal como establecen as recomendacións sanitarias, darase prioridade, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, ao uso de espazos exteriores ao aire libre, tanto fóra como dentro do centro.
Practicamos actividades como plogging (O plogging é unha actividade que comezou en Suecia, ao redor do ano 2016, combinando camiñar ou correr con recoller lixo na natureza) ou rutas de sendeirismo.
Expoñemos a continuación algunha das actividades realizadas:
Plogging
Rutas de sendeirismo