RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS 2º BAC - CURSO 2018-19
Aquí tedes o enlace co procedemento a seguir para as posibles reclamacións ás cualificacións de 2º de Bacharelato no curso 2018-2019.
Nos casos de presentación de reclamacións ante a comisión de supervisión, debido á brevidade dos prazos, lémbrase a instrución terceira da citada circular:
COMUNICACIÓN Á COMISIÓN DE SUPERVISIÓN
O apartado b) da instrución terceira indica que a dirección do centro comunicará á comisión de supervisión a relación de alumnado que presentou reclamación ante dita comisión, con indicación da materia ou materias obxecto de reclamación.
Dita comunicación, dirixida á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo), farase mediante correo electrónico a inspeccion.educativa.sc@xunta.gal e con copia a scpie@edu.xunta.gal , indicando o seu carácter urxente antes do seguinte prazo:
Convocatoria ordinaria: antes das 18 horas do día 27 de maio de 2019.
Convocatoria extraordinaria: antes das 18 horas do día 27 de xuño de 2019.
ENVÍO DO EXPEDIENTE
O apartado d) indica que é preciso que a dirección do centro garanta o procedemento oportuno para que os expedientes de reclamación orixinais sexan recibidos pola comisión de supervisión, no seguinte enderezo e cos seguintes prazos:
Presidente/a da Comisión de supervisión de reclamacións de 2º de Bacharelato.
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
(Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo)
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Ed. Administrativo San Caetano. 15781 Santiago de Compostela
Convocatoria ordinaria: recepción antes das 14 horas do día 29 de maio de 2019
Convocatoria extraordinaria: recepción antes das 14 horas do día 28 de xuño de 2019.