Novas
Pedagoxía ‘non curricular’ que achega a Brión o teatro de Bolaño
Enviado por Anónimo o Sáb, 01/06/2013 - 17:55Unha ducia de alumnos do instituto, dirixidos polo grupo Os Quinquilláns, porán en escea, hoxe venres 31 de maio, ‘sketches’ de tres obras do dramaturgo no centro social polivalente.
ACTO DE REMATE DE CURSO DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO
Enviado por Anónimo o Mér, 29/05/2013 - 22:45O vindeiro xoves 30 de Maio, ás 20:00 horas terá lugar no IES de Brión un acto de remate de curso do alumnado de 2º de Bacharelato. Convídase a comunidade educativa do IES de Brión a despedir á promoción que remata esta etapa de ensino.
DESEÑO E CONSTRUCIÓN DUNHA COCIÑA SOLAR
Enviado por admin o Mér, 29/05/2013 - 08:38
Por cuarto ano consecutivo o alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I desenvolveu un proxecto interdisciplinar, que desta volta xirou arredor do deseño e construción dunha cociña solar. A proposta toma como punto de partida o proxecto desenvolvido no curso 2009/10 no que tamén se traballou no deseño e construción dunha cociña solar parabólica. O actual proxecto parte da premisa de optimizar diferentes aspectos no seu deseño e construción, e aporta como principal novidade a incorporación dun reflector parabólico tipo Fresnel. Podes atopar máis información no blog do proxecto. |
O día 5 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, fixemos café e chocolate. | |
AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO EN 2º DE ESO
Enviado por Anónimo o Lun, 27/05/2013 - 23:48O martes, 28 e mércores 29 de Maio terán lugar as probas de avaliación de diagnóstico (avaldia) das competencias lingüística, matemática, e a competecia no coñecemento e interacción co medio físico para o alumnado de 2º de ESO. As probas terán lugar durante as 4 primeiras sesións da mañán deixando espazo de lecer entre elas.
ENTREGA DE DIPLOMAS JUVENES TRANSLATORES
Enviado por admin o Lun, 27/05/2013 - 13:26
O pasado venres 24 de maio fíxoselle entrega dos correspondentes certificados ao alumnado de 2º de bacharelato que participou no concurso de tradución Juvenes Translatores organizado pola Comisión Europea.
ALUMNA PREMIADA NO CONCURSO XÓVENES TALENTOS
Enviado por admin o Lun, 27/05/2013 - 12:37A alumna Xulia Sánchez Rodríguez de 2º ESO A resultou gañadora na Fase Provincial do Concurso "Xóvenes Talentos. Premio de Relato Curto" de Coca-Cola.
ISABEL DEL RIO E O CAMIÑO DE SANTIAGO
Enviado por admin o Lun, 27/05/2013 - 12:07Os alumnos de 2º ESO A que cursan Relixión fixeron un traballo sobre o Camiño de Santiago e como culminación entrevistaron a Isabel del Rio, conserxe do IES de Brión, que lles contou moitas anécdotas sobre as diferentes ocasións nas que fixo o Camiño.
I ENCONTRO DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA
Enviado por Anónimo o Dom, 26/05/2013 - 22:51Os días 23 e 24 de Maio unha representación de profesores e alumnos do IES de Brión participaron no I Encontro de centros para unha convivencia positiva, organizado polo IES Xulián Magariños de Negreira e o IES Fin do Camiño de Fisterra
Para consultar información sobre o I encontro de centros para unha convivencia positiva nos medios de comunicación, preme nas seguintes ligazóns:
ALUMNA PREMIADA NO X CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE AMES
Enviado por Anónimo o Ven, 17/05/2013 - 23:01Ana Souto Villanustre, alumna de 2º de Bacharelato do IES de Brión, obtivo o 3º premio no X Certame Literario do Concello de Ames, na modalidade de poesía, e categoría de 14 a 17 anos coa poesía “Cárcere dos pesadelos”. No certame presentáronse un total de 154 obras procedentes de toda Galicia e a entrega de premios tivo lugar o nun acto literario-musical conmemorativo do día das Letras Galegas o xoves, 16 de Maio na Casa da Cultura do Milladoiro.
Accede ás novas sobre os premiados no Certame: el correo gallego, concello de ames
Accede ás novas sobre o o acto de entrega dos premios: el correo gallego, concello de ames
Parabéns.
AXUDA AO POBO SAHARAUI
Enviado por admin o Xov, 25/04/2013 - 09:49
Dende o IES de Brión queremos colaborar coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui na recollida de roupa e calzado usado. Esta roupa e calzado serán entregados a esta asociación para a súa venda e posterior reciclaxe. Os cartos que se obteñan serán destinados ao pobo Saharaui.
A campaña durará ata o 31 de maio. O horario de recollida será de 08:25 a 14:05 h. e os martes tamén de 16:15 a 17:55 h. A entrega realizarase no IES de Brión, sito no Paseo de Pedrouzos nº 3, ao lado do centro de saúde.
A roupa debe vir en bolsas pechadas e da igual o seu estado de conservación dado que é para a venda ao peso destinada ao reciclaxe, e con isto conseguir os cartos destinados a axudar ao pobo Saharaui que nestes momentos vive unha situación de extrema dificultade.
Grazas a todos pola colaboración.
Con moitos pequenos xestos podemos facer moito.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- seguinte ›
- última »