Novas
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014/2015
Enviado por admin o Mar, 13/05/2014 - 19:25Faise público o listado definitivo de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso 2014/15.
PROXECTO MOCIDADE ONLINE
Enviado por admin o Mar, 13/05/2014 - 14:28O IES de Brión colabora co "Proxecto Mocidade Online" na obtención de datos sobre o uso de Internet do noso alumnado.
O proxecto pretende coñecer o uso de internet e as novas tecnoloxías polo alumnado dos centros de secundaria de Galicia a través dunha enquisa que se realizará desde a páxina web creada ao efecto: https://www.edu.xunta.es/proxectomocidadeonline/
Esta iniciativa está coordinada polos seguintes organismos: Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria (CCOU), Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Universidade de Compostela (USC) e Valedor do Pobo.
AS LISÍMACAS
Enviado por Anónimo o Ven, 09/05/2014 - 15:04A ANPA PEDRA VIADA convida á estrea da montaxe teatral "As Lisímicas" basada na obra "Lisístrata" de Aristófanes, interpretada por alumnas e alumnos do taller de Teatro da Anpa.
ENTREVISTA A CRISTINA E ANA, RESPONSABLES DA CAFETERÍA DO CENTRO
Enviado por admin o Ven, 04/04/2014 - 15:36O alumnado de 1º ESO B entrevistou na cafetería do IES de Brión a Cristina e Ana, que dende este curso asumiron este traballo. Falánronnos de receitas segredas, pizza versus froita, proxectos e moitas máis cousas.
PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN
Enviado por Anónimo o Mér, 02/04/2014 - 22:04
|
A ex-alumna do IES de Brión Ana Souto Villanustre acaba de obter o Premio Nacional de Educación no ensino non universitario, na categoría de rendemento académico do alumnado, correspondente a Bacharelato do curso 2012/13. Únicamente quince alumnos/as en todo o estado acadaron o premio, ocupando Ana o oitavo posto. Parabéns, Ana, polo novo éxito acadado.
|
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2014
Enviado por Anónimo o Lun, 31/03/2014 - 10:19
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas destinadas ao alumnado de ESO e Bacharelato para actividades de aprendizaxe de linguas estranxeira. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega. O prazo para acceder a esta convocatoria vai desde o 28 de Marzo ata o 28 de abril Para máis información acceder ao cartaz informativo Para solicitar a axuda accede á páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasle/ |
Más de 40 alumnos reciben los premios extraordinarios de Bachillerato y FP
Enviado por Anónimo o Sáb, 15/03/2014 - 11:15Más de 40 alumnos reciben los premios extraordinarios de Bachillerato y FP
Entre los 20 alumnos con premios extraordinarios de Bachillerato se encuentran nueve de Lugo, siete de A Coruña, tres de Ourense y uno de Pontevedra. Todos debían tener una calificación final media en los dos cursos de bachiller igual o superior a 8,75. Los premiados son los siguientes: Antía De La Fuente Rey (IES Agra de Leborís, de Laracha), Ana Berriochoa Rodríguez (CPR Manuel Peleteiro, de Santiago de Compostela), Carlos Codesio Sánchez (CPR Manuel Peleteiro, de Santiago de Compostela), María Larrañaga Cores (IES Saturnino Montojo, de Ferrol), Ana Souto Villanustre (IES Brión), Marina Fernández Fernández-Campoamor (IES Breamo, de Pontedeume) e Carlos Ramos Fuentes (IES de Arzúa).
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/40-alumnos-reciben-premios-extraordinarios-bachillerato-fp/idEdicion-2014-03-14/idNoticia-857920/
ISAAC DÍAZ PARDO. LUZ E COMPROMISO NA PRENSA
Enviado por Anónimo o Mar, 11/03/2014 - 22:54A prensa publicou nos últimos días a nova sobre a exposición "Isaac Díaz Pardo. Luz e compromiso" que acolle o noso instituto ata o 15 de marzo.
Para consultar as novas preme nas seguintes ligazóns:
ORIXE E CONSECUENCIAS SOCIAIS DA CRISE ECONÓMICA
Enviado por admin o Sáb, 08/02/2014 - 22:05ISAAC DÍAZ PARDO. LUZ E COMPROMISO
Enviado por admin o Mar, 04/02/2014 - 07:54
O IES de Brión acolle dende o día 23 de xaneiro ata o 15 de marzo a exposición "Isaac Díaz Pardo. Luz e Compromiso". Permanecerá aberta de luns a venres en horario lectivo e as tardes dos martes de febreiro de 16 a 20 horas. Foi realizada por Maka Arca Camba e Ana Mosquera Pérez, profesoras do IES nº 1 de Ordes, que sentiron a necesidade de contribuir a espallar o traballo desta figura irrepetible da cultura galega. A exposición fai un percorrido por toda a súa vida e obra, sempre impregnada dun inmenso amor e compromiso coa nosa terra. Comeza coa infancia |
e adolescencia, presentándonos a un neno criado nos valores culturais, ideolóxicos e artísticos da República que ve como todas as ilusións e soños dese período escachan en xullo de 1936 co golpe militar e o drama da guerra civil. A partir de aí tivo que ir facendo frente á vida como puido pero eses anos da nenez deixaron nel unha marca indeleble que sempre o alentou no desexo de mudar a sociedade galega. Contando coa colaboración de personalidades creadoras como a de Luís Seoane levou adiante a proposta cultural privada máis importante e trascendente feita en Galicia despois do ano 1936. Como recoñecemento á súa traxectoria recibíu numerosos premios e distincións, pero nos seus últimos anos tivo que ver como o seu labor se ven abaixo polo afán mercantilista dos seus "leais socios" que o arredan do control das empresas que el creara. A avalancha de actos de homenaxe e adhesión que seguiron a estes feitos non foron suficientes para compensalo do dano que lle fixeran algunhas das persoas nas que confiara. O 5 de xaneiro de 2012 morre Isaac Díaz Pardo deixándo tras de si unha extensa obra como pintor, debuxante, cartelista, escritor, escenógrafo, deseñador, promotor de industrias e institucións culturais... pero sobre todo o exemplo da súa vida, unha auténtica torre de ética e estética. |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »