DESEÑO E CONSTRUCIÓN DUNHA COCIÑA SOLAR

 

Por cuarto ano consecutivo o alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I desenvolveu un proxecto interdisciplinar, que desta volta xirou arredor do deseño e construción dunha cociña solar.

A proposta toma como punto de partida o proxecto desenvolvido no curso 2009/10 no que tamén se traballou no deseño e construción dunha cociña solar parabólica.

O actual proxecto parte da premisa de optimizar diferentes aspectos no seu deseño e construción, e aporta como principal novidade a incorporación dun reflector parabólico tipo Fresnel.

Podes atopar máis información no blog do proxecto.

   

   
O día 5 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, fixemos café e chocolate.