Novas
PARTICIPACIÓN NA OLIMPIADA DE XEOLOXÍA
Enviado por Anónimo o Ven, 18/02/2011 - 12:55Alumnado de Bacharelato do Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias da Terra participa nas probas da II Olimpiada de Xeoloxía que terá lugar o vindeiro 22 de Febreiro no IES Rosalía de Castro
ELECCIÓNS PARCIAIS AO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Xov, 11/11/2010 - 14:27Na reunión constitutiva da Xunta Electoral, que tivo lugar o martes 10 de novembro ás 10:05 horas, os membros asistentes tomaron os seguintes acordos:
1._Aprobar os censos electorais, que serán expostos publicamente para o seu coñecemento e para servir de base ás posibles reclamacións ó mesmo.
2._Aprobar o calendario electoral, que queda establecido do seguinte xeito:
2.1._PRESENTACIÓN DE CANDIDATOS/AS NA SECRETARÍA:
Do 12 ao 22 de novembro, ámbolos dous incluídos, de 10 a 14:00 horas: período de admisión de candidatos/as.(O modelo para realizar a súa presentación atópase na secretaría).
Día 23 de novembro, ás 10:05 horas: reunión da Xunta Electoral para facer pública a proclamación de candidatos/as e para realilzar o sorteo dos membros que compoñerán as Mesas Electorais para as eleccións de alumnos/as e de pais/nais ou titores legais.
Días 24 e 25 de novembro ata as 14:00 horas: prazo para reclamacións.
Día 26 de novembro, ás 10:05 horas: reunión da Xunta Electoral para a resolución das posibles reclamacións.
2.2_DATAS DE VOTACIÓN:
Día 30 de novembro:
Alumnos/asde 17:05 a 17:55 horas.(Para poder votar teñen que presentar o DNI ou o CARNÉ ESCOLAR)
Día 30 de novembro:
Profesores/as (Claustro Extraordinario) de 10:05 a 10:25 horas.
Pais/nais ou titores legais de 19:00 a 20:00 horas.
(para poder votar teñen que presentar o DNI)
Persoal non docente de 12:05 a 12:25 horas
Día 01 de decembro:
Reunión Xunta Electoral para proclamación de candidatos e traslado ó Delegado Provincial das copias das actas correspondentes.
Brión,11 de novembro de 2010.
A XUNTA ELECTORAL
DIMITE A DIRECCIÓN DO CENTRO DEBIDO AO RECORTE DO CUPO DE PROFESORADO ADXUDICADO
Enviado por admin o Xov, 16/09/2010 - 14:15O equipo directivo do IES de Brión presenta a súa dimisión logo de coñecer o cupo de profesorado adxudicado ao centro para este curso que principia.
O texto da dimisión remitido á Xefatura Territorial de A Coruña explica os motivos que provocan esta decisión:
"Una vez coñecido o cupo de 30 PES establecido polas autoridades educativas para este curso 2010/11, fundamentado única e exclusivamente en criterios económicos e entendendo que non foron atendidos os criterios educativos nos que se fundamentaba a nosa solicitude dun cupo de 33 PES, vémonos na imposibilidade de poder levar á práctica con este profesorado o proxecto educativo que se vén desenvolvendo, con bos resultados, no centro estes últimos anos.
Esta situación obríganos a presentar a dimisión como equipo directivo."
Consulta as novas publicadas sobre o tema:
La voz de Galicia , El país , El Correo Gallego , Redperiodistas.es , 20minutos.es, La voz de galicia
COMUNICADO DO CLAUSTRO SOBRE A SITUACIÓN DO CENTRO NO INICIO DE CURSO
Enviado por admin o Xov, 16/09/2010 - 14:00O claustro de profesores/as do IES de BRIÓN, reunido en sesión extraordinaria o día 15 de setembro de 2010 acordou, por unanimidade, manifestar a súa máis enérxica protesta pola redución de profesorado que se pretende levar a cabo para o curso 2010-2011. Esta decisión bota abaixo o proxecto educativo que se ven a desenvolver no centro e vai redundar nunha clara merma da calidade educativa da que como profesionais sairemos, evidentemente, prexudicados, pero da que será vítima, sobre todo, o alumnado creándose unha situación que nos parece alarmante. Deste xeito:
-Haberá grupos de arredor de 30 alumnos/as de ESO que farán imposible unha mínima atención á diversidade e incluso haberá serias dificultades para acomodalos na aula ante a falta de espazo físico na maior parte delas.
-Esta nova distribución por grupos fará imposible a atención ao alumnado nas gardas, recreos, titorías, actividades complementarias, etc.
-Preténdese que gran parte do profesorado asuma a docencia de materias “supostamente” afíns: profesores/as de Inglés dando Lingua Castelá, de Ciencias da Natureza dando Educación Plástica, de Educación Física dando tamén Educación Plástica, de Francés dando Cultura clásica e de Economía dando Bioloxía e Xeoloxía.
Así mesmo, queremos manifestar o noso apoio ás xestións levadas a cabo polos membros do equipo directivo que, ao non ser tidas en consideración as súas argumentacións, presentou a súa dimisión, aumentando con isto a situación de incerteza fronte ao curso que comeza.
Brión, 16 de setembro de 2010
O Claustro de Profesores/as do IES de Brión
ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Enviado por Anónimo o Mér, 26/05/2010 - 13:07Cualificacións provisionais das PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
O prazo de Reclamacións ás cualificacións provisonaisé do 18, 21 e 22 de Xuño
O prazo de presentación de solicitudes de Admisión a ciclos formativos de Formación Profesional é do 17 de Xuño ao 2 de Xullo
Para máis información dos ciclos formativos de FP consulta a seguinte ligazón
Resolución do 11 de Xaneiro do 2010 , da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos para o ano 2010.
Datas das probas de acceso os estudos de formación profesional de grao medio e superior
Modelos de exames e materiais didácticos
CHARLA SOBRE OS NOVOS TÍTULOS DE GRAO E AS PAAU.
Enviado por admin o Xov, 06/05/2010 - 12:05O vindeiro martes, 11 de maio, ás 19:30 terá lugar na aula de usos múltiples do centro unha charla sobre os novos títulos de grao e sobre as probas de acceso aos mesmos (PAAU), orientada ás familias do alumnado de 2º de bacharelato. A charla será impartida pola Xefa de Xestión Universitaria.
LISTAXES PROVISIONAIS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA 2010
Enviado por Anónimo o Mér, 05/05/2010 - 08:16
Publicación das listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes.
Ábrese un prazo de 10 días (do 4 ata o 13 de maio) para que os/as solicitantes formulen reclamacións.
CHARLA SOBRE USO E RISCOS DE INTERNET
Enviado por Anónimo o Lun, 12/04/2010 - 11:18O Martes, 27 de Abril ás 19:30 terá lugar a charla: "Usos e riscos de Internet" do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar, para as nais e pais de alumnos/as do centro.
CHARLA SOBRE O USO DE INTERNET
Enviado por Anónimo o Lun, 12/04/2010 - 10:11O instituto organiza unhas charlas sobre o uso e riscos de Internet dentro do Plan Director de convivencia e mellora da seguridade escolar da Comandancia da Garda Civil de A Coruña.
A actividade está organizada para todo o alumnado na aula de usos múltiples co seguinte horario:
DÍA |
HORA |
SESIÓN |
CURSOS |
GRUPOS |
Martes, 20 de Abril | 9:15 a 10:10 | 2ª | 2º ESO | A,B,C |
Martes, 20 de Abril | 10:25 a 11:15 | 3ª | 3º ESO | A, B, C, PDC |
Martes, 20 de Abril | 11:15 a 12:10 | 4ª | 4º ESO | A, B, PDC |
Mércores, 21 de Abril | 9:15 a 10:10 | 2ª | 1º ESO | A,B,C |
Mércores, 21 de Abril | 10:25 a 11:15 | 3ª | 1º e 2º BACH | BACHARELATO |
O Martes, 27 de Abril ás 19:30 terá lugar a charla: "Usos e riscos de Internet" para as nais e pais de alumnos/as do centro
PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE
Enviado por admin o Xov, 18/03/2010 - 21:26
Acceso á páxina principal da CiUG
Estructura da proba, horario das diferentes fases e exercicios da proba e sistema de cualificación.
Orde do 16 de decembro de 2009 pola que se regula, para o ano académico 2009-2010, a proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia para o alumnado que estea en posesión do título de bacharel ou equivalente.
Orde do 11 de febreiro de 2010 pola que se modifica a do 16 de decembro de 2009, que regula, para o ano académico 2009-2010, a proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia para o alumnado que estea en posesión do título de bacharel ou equivalente.
Calendario das probas de acceso a universidade (PAU). Matrícula, días das probas, reclamacións, etc.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- seguinte ›
- última »