Novas
EXCELENCIA ACADÉMICA
Enviado por admin o Ven, 15/07/2011 - 11:01A USC recoñeceu os froitos do traballo da alumna deste centro Mónica Garrido Lavandeira outorgándolle o premio á excelencia académica, logo de realizar con inmellorables resultados a Proba de Acceso á Universidade.
A TOTALIDADE DO ALUMNADO QUE SE PRESENTOU Á PAU SUPERA A PROBA
Enviado por admin o Ven, 17/06/2011 - 19:46Aprobou o 100% do alumnado de 2º de Bacharelato do IES de Brión que se presentou este mes de xuño á Proba de Acceso á Universidade.
Parabéns ao alumnado, e parabéns tamén a todos os que confiamos en poder seguir adiante cun proxecto educativo de calidade no concello de Brión.
O IES DE BRIÓN PARTICIPA EN "TECNOLOXÍA NA RÚA"
Enviado por admin o Lun, 13/06/2011 - 00:33
O IES de Brión participou na VI mostra de proxectos "Tecnoloxía na rúa" organizada por Apetega, presentando o venres 10 de xuño na Praza do Toural traballos de 2º ESO e 1º de Bacharelato. O alumnado de bacharelato implicado no proxecto do invernadoiro xeodésico explicou repetidamente a quenes se interesaron pola proposta diferentes aspectos da mesma. Queremos recoñecer públicamente neste foro o seu compromiso e esforzo nas diferentes etapas deste traballo. Accede ás novas sobre o evento publicadas na prensa nas seguintes ligazóns: "Los genios están en las aulas" , en La voz de galicia "Los inventos de los alumnos de Santiago y comarca", en El correo gallego No seguinte vídeo de Correo TV ( a partir do minuto 13:04) podes ver información sobre a nova emitida en Correo TV o día 10 de xuño. Quenes estén interesados en máis información sobre o proxecto poden consultala na páxina aulasnarede.espazoweb.com/invernadoiro. |
|
|
VI Mostra A Tecnoloxía no Toural Preme nas seguintes ligazóns para ver vídeos da Mostra: Mostra de proxectos 1 Mostra de proxectos 2 |
O ALUMNADO DO CEIP DE PEDROUZOS VISITA A EXPOSICIÓN SOBRE OS BOSQUES
Enviado por admin o Sáb, 04/06/2011 - 23:35O alumnado do CEIP de Pedrouzos está visitando estes días a exposición sobre os bosques no IES de Brión.
Esta exposición recolle traballos do alumnado de primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato.
O alumnado implicado na construción do invernadoiro xeodésico exposto explicou ao alumnado de primaria diferentes cuestións relativas ao traballo e mesmo dirixiu unha serie de actividades deseñadas para a ocasión.
O alumnado do CEIP voltará de novo ao IES para seguir traballando coa exposición e para coñecer a nosa plantación de árbores autóctonas.
OS BOSQUES.
Enviado por admin o Mar, 12/04/2011 - 21:48O martes 12 celebrouse no IES de Brión unha mesa redonda sobre os bosques. O alumnado e demais público asistente puido disfrutar das magníficas intervencións dos relatores, así como dun pequeno coloquio posterior.
Queremos agradecer unha vez máis aos ponentes, e por suposto ao público, ter participado neste encontro no que, a través de tres sendas diferentes, fumos quen de achegarnos un pouco máis aos nosos bosques.
Escoita as intervencións:
Recordamos que este acto tivo lugar dentro das xornadas anuais, desta volta adicadas aos bosques, que se veñen desenvolvendo no IES esta semana. No mesmo contexto presentamos xunto ao CEIP de Pedrouzos unha exposición de traballos realizados en aula ao redor dos bosques.
Dentro das xornadas están tamén enmarcadas diferentes actividades, como unha visita a Finsa (alumnado de 2º PDC e Tecnoloxía Industrial I), sendeirismo polas Fragas do Eume (alumnado de 3º ESO), ou unha charla sobre as mamoas de Rañalonga a cargo do profesor Federico Silva.
INVERNADOIRO XEODÉSICO
Enviado por admin o Mar, 12/04/2011 - 21:00Os departamentos de Tecnoloxía e Debuxo veñen de presentar o traballo realizado polo alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I: o deseño e construción dun prototipo de invernadoiro baseado nunha estructura de cúpula xeodésica. Este é o seu segundo proxecto de colaboración interdepartamental logo de que o ano pasado o alumnado destas materias resolvese o deseño e construcción dunha cociña solar de reflector parabólico.
Durante o periodo de exposición a estructura de madeira irase recubrindo con plástico, e finalmente será instalado no exterior do centro para que poida ser usado polo Departamento de CCNN, Bioloxía e Xeoloxía.
O invernadoiro en "Tecnoloxía na rúa"
Accede a un documento con información sobre o seu deseño.
CONCURSO FOTOGRÁFICO "OS BOSQUES".
Enviado por admin o Dom, 10/04/2011 - 01:08O CEIP de Pedrouzos e o IES de Brión convocan un certame fotográfico ao redor dos bosques.
AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO 2011
Enviado por Anónimo o Lun, 21/03/2011 - 10:43A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011. O prazo das solicitudes remata o 11 de Abril.
Para máis información preme nas seguintes ligazóns:
PREMIO NA II OLIMPIADA DE XEOLOXÍA
Enviado por Anónimo o Xov, 03/03/2011 - 18:14O alumno de 1º de Bacharelato René Horta Cadenas foi premiado cun accésit na II Olimpiada de Xeoloxía celebrada no IES Rosalía de Castro o pasado 22 de Febreiro. Parabéns para o premiado e o resto de participantes de 1º e 2º de Bacharelato.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- seguinte ›
- última »