PARABÉNS AO ALUMNADO DE FRANCÉS

O alumnado de francés do IES de Brión suma 16 novas alumnos e alumnas que xa teñen un título DELF.

Cada ano máis alumnado de 4º de ESO, 1º ou 2º de Bacharelato preséntanse as probas organizadas pola Alianza Francesa e consigue o seu título oficial.Unha vantaxe máis a engadir para o seu futuro. 

Moitos parabéns a todo o alumnado que xa conta co seu título DELF!

PARABÉNS AOS NOSOS #MelloresExpedientes !!

Nunha cerimonia celebrada no Multiusos de Sar, a USC recoñeceu ao alumnado de toda Galicia que acadou unha nota de acceso á universidade superior a 9. Moitísimos parabéns a Adan e Tomás, --e parabéns tamén ao outro alumnado noso cuxo esforzo valoramos tanto como o de estes dous cracks e que quedaron a centésimas de saír nesta foto. Non sodes poucos e estamos orgullosísimas de todos! 

PROXECTO EUROPEO DE INTERCAMBIO EN ETWINNING

Durante este curso, o alumnado de francés de 4º ESO fixo parte dun proxecto europeo a través da plataforma Etwinning. O proxecto de intercambio virtual realizouse co Lycée Jean de Prades da localidade de Castelsarrasin, no sur de Francia.

Ao longo destes meses, o alumnado realizou videos de presentación, intercambiou información sobre o lugar onde viven, fixo playlists coas suas músicas favoritas, fixeron receitas e aprenderon a utilizar ferramentas dixitais para elaborar e intercambiar información e sobre todo, descubriron outras mozas e mozos con gustos e preocupacións similares aos seus.

Moi boa experiencia que contamos repetir o ano que vén! Divertímonos, aprendemos e facemos amizades novas!

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-23

Preme nos seguintes enlaces para consultar os libros de texto recomendados para o curso 2022-23.

     LIBROS DE TEXTO BAC 2022-23                              LIBROS DE TEXTO ESO 2022-23

NOTA: Aconséllase  ao alumnado que pasa a 2ºESO ou 4ºESO (os cursos onde aínda non se implanta a nova lei educativa) non mercar libros ata Setembro, por se o centro pode proporcionarlle algúns dos exemplares do fondo propio, que se repartirán de maneira equitativa. Para saber as necesidades de cada alumno/a prégase que cubran o seguinte formulario ca conta de correo @iesbrion.com que posúen, antes do 15 de xullo. Hai que pechar sesión en todas as contas de g-mail para poder acceder ao formulario, e se aínda así da error, entrar polo navegador Chrome.

ENLACE AO FORMULARIO

MATRICULA CURSO 2022_23

 

O período de matrícula para o curso 2022-23 abrangue dende o 27 de xuño ao 11 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00. Deberá matricularse todo o alumnado posto que este ano non hai convocatoria en setembro.
 Para evitar aglomeracións e facer a matrícula de xeito ordenado, virán:

  • Día 27 e 28 de xuño: alumnado 1º ESO
  • Día 29 de xuño: alumnado 2º BAC
  • Día 30 de xuño e 1 de xullo: alumnado 1º BAC
  • Día 4 de xullo: alumnado 4º ESO
  • Día 5 de xullo: alumnado 3º ESO
  • Día 6 de xullo: alumnado 2º ESO

Os restantes días ata o 11 de xullo resérvanse para os casos nos que houbese algún impedimento para facela no día asigando. Por favor, descarguen os impresos e tráianos, cubertos e asinados polos 2 proxenitores.

AVISO 1: recoméndase traer unha fotocopia do impreso de matrícula, unha vez cuberto. No caso de necesitar fotocopias deste ou outros documentos, pasen por conserxería facelos antes de dirixirse á oficina.

AVISO 2: prégase ao alumnado dos cursos superiores (de 2º en diante) que no correo do alumno/a poñan a súa conta de correo iesbrion (.....@iesbrion.com). O de 1º ESO que non poña ningún e xa se lle fará esa conta iniciado o curso.

IMPRESOS POR CURSOS NOS SEGUINTES ENLACES:

  

O TEATRO DAS MANIOTAS TOMAN RUMBO A MADRID!!

 A obra "As do peixe" do Teatro das Maniotas do noso centro despois de saborear o premio autonómico, poñen  rumbo a Madrid como finalistas da 19ª edición dos Premios Buero de Teatro Xove.

É a primeira vez que un grupo galego chega a esta final, así que as nosas protagonistas non deixan de dar alegrías a nosa comunidade educativa.

Moitos parabés polo gran traballo deste grupo e da súa profesora Loly Santos!!

  •  NOVA NO CORREO GALEGO: ENLACE
  •  NOVA NA VOZ DE GALICIA: ENLACE

SEMENTANDO LECTURAS: DO DÍA DO LIBRO AO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

CALENDARIO DE EXAMES E AVALIACIÓNS

ESO (CONVOCATORIA PARCIAL E FINAL):

  • 6, 7, 8 DE XUÑO: XUNTA 3ª AVALIACIÓN
  • 10 DE XUÑO: ENTREGA DE NOTAS 3ª AVALIACIÓN (PARCIAL)
  • 6 – 22 DE XUÑO: EXAMES DE RECUPERACIÓN (As recuperacións das materias suspensas na avaliación parcial faranse no horario de clases, no período lectivo que abrangue dende o 6 ata o 22 de xuño. Neste período tamén se ampliará e afondará materia co alumnado aprobado na avaliación parcial.)
  • 20 E 21 DE XUÑO: EXAMES DE MATERIAS PENDENTES:

*Os exames de pendentes serán nas aulas de 2º Bacharelato A e B

  • 23 E 27 DE XUÑO: XUNTA DE AVALIACIÓN FINAL
  • 28 DE XUÑO (9:00-10:00): ENTREGA NOTAS FINAIS E RECOLLIDA DE LIBROS, NAS AULAS DE REFERENCIA
  • 29 E 30 DE XUÑO: RECLAMACIÓNS ANTE A DIRECCIÓN
  • 5 DE XULLO: COMUNICACIÓN ACORDOS RECLAMACIÓNS
  • 6 E 7 DE XULLO: RECLAMACIÓNS ANTE XEFATURA TERRITORIAL

1º BACHARELATO (CONVOCATORIA ORDINARIA E EXTRAORDINARIA):

  • 6 DE XUÑO: XUNTA AVALIACIÓN ORDINARIA
  • 7 DE XUÑO: ENTREGA DE NOTAS (ORDINARIA)
  • 8 E 9 DE XUÑO: RECLAMACIÓNS ANTE DIRECCIÓN
  • 14 DE XUÑO: COMUNICACIÓN ACORDOS RECLAMACIÓNS
  • 15 E 16 DE XUÑO: RECLAMACIÓNS ANTE XEFATURA TERRITORIAL
  • 20, 21, 22 DE XUÑO: EXAMES EXTRAORDINARIOS 1º BACHARELATO

  • 23 DE XUÑO: XUNTA AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA
  • 28 DE XUÑO: ENTREGA DE NOTAS (EXTRAORDINARIA)
  • 29 E 30 DE XUÑO: RECLAMACIÓNS ANTE A DIRECCIÓN
  • 5 DE XULLO: COMUNICACIÓN ACORDOS RECLAMACIÓNS
  • 6 E 7 DE XULLO: RECLAMACIÓNS ANTE XEFATURA TERRITORIAL

2º BACHARELATO: (CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA)

  • 13-17 DE XUÑO: EXAMES EXTRAORDINARIOS 2º BACH e PENDENTES 1º BACH

  • 20 DE XUÑO: AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA
  • 21 DE XUÑO: ENTREGA DE NOTAS
  • 27 E 28 DE XUÑO: RECLAMACIÓNS ANTE A DIRECCIÓN DO CENTRO
  • 1 DE XULLO: RECLAMACIÓNS ANTE XEFATURA TERRITORIAL
  • 12-13-14 DE XULLO: PROBA EXTRAORDINARIA DE ABAU

"En bici á escola": "Bicikleteando"

Este curso académico o IES de Brión participa no proxecto "En bici á escola": "Bicikleteando".

Nel, levamos a cabo varias actividades relacionadas co mundo da bicicleta e a mobilidade sostible.

Os días 19 e 20 de maio, os alumn@s de 1º ESO (un total de 86 alumnos) disfrutaron dunha xornada na que a bicicleta foi a nosa protagonista.

ACTIVIDADES NAS FRAGAS DO EUME, ALVARELLA, PONTEDEUME E RÍA DE ARES


O pasado xoves 28 e venres 29 de abril, o alumnado de 3º de ESO desfrutamos dunha estancia de dous días moi intensos en Alvarella, na contorna de Pontedeume, organizada por Educación Física.

O xoves, despois da chegada a Alvarella, puxemos rumbo cara ás Fragas do Eume para realizar unha andaina.

No roteiro, reflexionamos sobre a importancia da natureza e o coidado que hai que ter sobre ela, da man de monitores de Alvarella.

Durante o percorrido, visitamos o Mosteiro de Caaveiro e logo xantamos no antigo recinto dos muíños, perto do río, que estaba invadido pola vexetación.

De volta a Alvarella, e despois de acomodarnos nas nosas habitacións, fixemos dúas actividades: tiro con arco e orientación no bosque, para aprender a manexar o compás.

Pola noite, tivemos unha velada nocturna, onde fixemos o xogo "atrapa a bandeira". Tanto gostamos del, que o repetimos varias veces...non tiñamos sono nin cansanzo!

Ao día seguinte, fixemos por grupos unha actividade de orientación con mapa e compás polos arredores do aloxamento. TIñamos que ir atopando distintos lugares marcados no mapa e realizar as probas indicadas en cada sitio. Gañaba o equipo que máis lugares e probas realizara. Esta actividade levóunos toda a mañá.

Despois de xantar, despedímonos de Alvarella e puxemos rumbo a Pontedeume. Alí, dividímonos en dous grupos e fixemos canoa na ría de Ares, guiados polo clube Firrete, e o xogo das descubertas en Pontedeume, para coñecer máis aspectos da cultura e historia desta bonita vila.

Coa chegada ao instituto, xa case á noitiña, rematamos a excursión, con moito cansanzo pero tamén con moita pena e que esta viaxe acabara.

Xa estamos preparadas e preparados para a seguinte!

Flavia Maceiras e Silvia Rabuñal, 3º ESO B

Para ver o arquivo de fotografías, preme aquí.

Distribuir contido