Skip to Content

-

BENVIDA AO CURSO ESCOLAR 24-25

Estimadas familias.

En primeiro lugar queremos darlles a benvida ao novo curso escolar que, como todos, ten as súas particularidades, ilusións e inquedanzas.

Como todos os anos, unha vez iniciado o curso, en torno a avaliación inicial, que se celebrará os primeiros días de outubro,   tanto a directiva como o corpo de titores/as reunirase coas familias para informar dos aspectos máis destacados do centro, do presente curso  e dos grupos.

Mentres tanto no documento adxunto recóllense as normas básicas do funcionamento que son as que recibe o alumnado nas presentacións e nos primeiros días de clase pero que non sempre transmiten nas súas casas.

No desexo de ofrecer un ensino de calidade, xusto, equitativo e inclusivo, o claustro de profesores e a directiva do IES As Lagoas está a disposición do alumando e das familias e prega a súa colaboración para que este obxectivo se cumpra con eficacia e satisfacción.

Un saúdo

A directiva.

 

LISTAXE DO FONDO DE LIBROS

 

 

 

A PARTIRES DE MAÑÁ,

VENRES 12 DE XULLO,

NO TABOEIRO DE ANUNCIOS DO INSTITUTO,

ESTARÁ PUBLICADA

A LISTAXE DO FONDO DE LIBROS,

E

COMEZA O PRAZO DE RECLAMACIÓNS,

CUXO ÚLTIMO DÍA É O VINDEIRO MARTES 16.

 

 

 

O ALUMNADO DO STEMBACH RECIBEN O DIPLOMA E O TROFEO DO PRIMEIRO PREMIO DA FUNDACIÓN ENDESA

Gracias o traballo presentado o certame “VIII Premios Ecoinnovación de la Fundación Endesa” os alumnos do bacharelato de excelencia do IES As Lagoas forón merecedores do primeiro premio na categoría de “Resolver un problema medioambiental”.

Este traballo realizouse realizados durante os últimos cursos no campo da bioconstrución e queda plasmado no seu proxecto máis importante como é a edificación bioclimá-tica construida no patio do instituto.

Parabens para o alumnado!

 

ARTIGO COMPLETO DA NOVA

 

RESUMO DA NOVA

 

 

 

 

ÚLTIMOS RECOÑECEMENTOS DO NOSO ALUMNADO

Estes son os últimos recoñecementos do alumando do IES As Lagoas, alumnos e alumnas  e centro do que estamos  orgullosos. Parabéns a todos e ánimo para seguir co traballo despois das vacacións!

Parabéns a todos e todas!

ELISA VARELA , 1º PREMIO NACIONAL  DO CONCURSO DE RELATO CORTO “COCA COLA”

O venres 21, Elisa Varela, alumna de 2º ESO, acompañada pola súa profesora Elizabeth Garrido, recibiu en Madrid o 1º premio do concurso de Relato Curto de Coca Cola polo relato titulado “ Como un mar y un río” ,  que aparecerá pronto na revista do noso centro.

Parabéns Elisa!

 

 

 

LEIRE CASTRO, RECIBE UNHA DAS BECAS ESTATAIS DE EUROLINGUA

Leire Castro, de 4º ESO, obtivo unha das 20 becas estatais concedidas por Eurolingua en todo o estado a alumnos/as de ESO e BAC. A beca lle permite recibir un período formativo de dúas semanas en Derry (Irlanda) e a obtención dun certificado de nivel.

Parabéns Leire!

 

 

ALUMNADO DE 2º BAC ACUDE AO ACTO DE RECOÑOCEMENTO DOS MELLORES EXPEDIENTES DE ABAU.

Acudimos á Coruña, o venres 21, para recoller os diplomas que recoñecen os mellores expedientes das ABAU deste ano. Máis de 1000 xoves foron homenaxeados polos reitores das universidades públicas e o Conselleiro de Educación, entre eles o nos alumnado.

 

 

PREMIOS CERTAME DO TEATRO “LAGOAS Á ESCENA”

Nun ámbito máis caseiro, o luns 17 de xuño, entregamos no Salón de Actos os premios do 1º certame de teatro celebrado no instituto. Todos os participantes recibiron o seu premio. Foron os seguintes:

  • Premio á mellor obra: Un xoguete para Goldoni, do alumando de Artes Escénicas de 2º de BAC do noso instituto, dirixidos por Xavier Álvarez Cid
  • Premio do público á mellor obra: O club das poetas mortas, do grupo de teatro organizado pola ANPA do centro, dirixido por “Lele” Álvarez.
  • Accésit á mellor obra: Escombros do Colexio Santa María Nai, Maristas, dirixidos por Alba de Evan.
  • Premio á mellor interpretación individual: Martina Llamas Fernández, do IES As Lagoas,  pola súa interpretación no Club das poetas Mortas.

 

SAEN NA RADIO NACIONAL E NA PRENSA LOCAL: OS TALLERES DE ESCRITURAS ANTIGAS

XA SAEN NA RADIO E NA PRENSA OS NOSOS TALLERES 

ESCRITURAS ANTIGAS GREGAS 

 

 

 

MENCIONADOS NA 


PROGRAMA "HOY POR HOY" DE ÁNGELS BARCELÓ 

DO MÉRCORES 12/6/24

 

 

 

 

LA VOZ DE GALICIA DO MARTES 11/6/2024:

 

 

 

 

Alumna do IES As Lagoas recibe o premio do I Premio Breviter

Hoxe, 12 de xuño, Eliana Correa, de 1º BAc E recibiu no IES Xelmirez I, en Santiago de Compostela, o premio Breviter, organizado polo centro compostelà, na modalidade de audiovisual.

O seu traballo nos fai reflexionar sobre os peligros de non pensar no planeta.

Parabéns Eliana!

 

 

-

Alumnos premiados no X CONCURSO DE CURTAMETRAXES SOBRE DOAZÓN E TRANSPLANTES DE ÓRGANOS

Os alumnos de 1º de bacharelato do IES As Lagoas de Anatomía aplicada participaron no X concurso de curtametraxes organizado por ados e a consellería de sanidade,a nivel autonómico, sobre doazón e transplantes de órganos. Resultaron gañadores do segundo premio unha curtametraxe presentada polos alumnos: Carlos Miguel Hermida, Elena Flórez, Carla Gascón, Cristal Daniela Mota e Laia Rodríguez.


Parabéns para este equipazo, polo traballo feito, unha curta que ten por título: "Elixe o teu final...."

 

Alumnos do bacharelato de excelencia gañan o primeiro premio da VIII EDICIÓN - PREMIOS A LA ECOINNOVACIÓN da Fundación Endesa

Os alumnos do bacharelato de excelencia do IES As lagoas gañaron o primeiro premio na categoría  'Identificar solucións a un problema ambiental' da VIII edicion dos “Premios a la Ecoinnovación” da Fundación Endesa. Presentaron unha solución innovadora e orixinal o problema ecolóxico ou medioambiental da edificación sostible. Deseñaron e realizaron unha solución construtiva respectuosa co medio ambiente e coas persoas concretando ese facer no “Módulo Bioclimático”.

Distribuir contido


by Dr. Radut