Skip to Content

EDLG

Actividades

Letras Galegas: Recital de poesía

16/05/2024 10:50

Programa do recital.

Para saber máis: Luísa Villalta

16/05/2024 10:46

Vídeo sobre a autora Luísa Villalta.

Concurso Marcapáxinas Letras Galegas

16/05/2024 10:44

Concurso de marcapáxinas para todo o alumnado. 

Día da Letras Galegas: Luísa Villalta

16/05/2024 10:28

Durante os día 13 e 16 de maio, terán lugar diferentes actividades no instituto para conmemorar o Día das Letras Galegas que este ano está dedicado a Luísa Villalta. Concursos, charlas e un recital poético e músical.

 

Día do Libro e Semana das Artes

16/05/2024 10:24

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e no IES As Lagoas, ademais, tamén ten lugar a Semana das Artes con diferentes exposición e actividades. Este ano, como novidade, levouse a cabo a iniciativa "Achégome a ti cun libro" para así agasallar aos nosos compañeiros e alumnado cunha bonita sorpresa en forma de libro.

Videopoemas para o Día da Poesía

20/03/2024 23:05

Mostramos aquí algúns dos traballos do alumnado de 3º ESO para o Día da Poesía (21 de marzo). Moitas grazas pola vosa colaboración!

21 de marzo: Día da Poesía... e da Árbore

04/03/2024 00:45

Seguimos con máis actividades. Animádevos a participar!

Día de Rosalía

04/03/2024 00:43

Xa podedes visitar a exposición de fotopoemas sobre Rosalía de Castro que está na entrada do noso IES As Lagoas.

Concursos

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia: 11 de febreiro

09/02/2024 16:03

O venres 16 de febreiro o campus de Ourense acollerá unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en FemininoA iniciativa une un amplo colectivo de persoal investigador da Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Universitaria de Enfermaría co obxectivo de visibilizar o papel da muller no eido CTEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e atraer vocacións científicas a el, principalmente entre as nenas e rapazas. 

A actividade organízase co gallo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e “o seu obxectivo principal é difundir e promover as vocacións científicas e tecnolóxicas no ámbito das ciencias, as tecnoloxías, as enxeñarías e as matemáticas” e “difundir entre nenas e nenos o papel que teñen as mulleres nestas disciplinas, que vexan que as mulleres fan e poden facer ciencia e tecnoloxía”.

A feira desenvolverase de 10.00 a 18.00 h no edificio Politécnico do campus e na súa contorna. Haberá 14 postos con actividades científicas de carácter visual e manipulativo nas que se expón a investigación realizada nas diferentes áreas CTEM do campus. Xa pola tarde, a partir das 15.00 h, a feira estará aberta ao público en xeral que se queira achegar ao campus.

Fonte: Diario da Universidade de Vigo

Distribuir contido


by Dr. Radut