Skip to Content

Espazos e instalacións

ESPAZOS E INSTALACIÓNS DO CENTRO

O edificio do Instituto, construído en 1977 e ampliado en dúas ocasións, conta cos seguintes espazos:

 

Xeral:

·      Edificio, bloque principal (aulas, despachos, oficinas, laboratorios, biblioteca, salón de actos...): 7000 m2

·         Pavillón deportivo cuberto: 1167 m2

·         Pistas deportivas descubertas: 4000 m2

·         Patios de columnas cubertos 1250 m2

·         Zonas de xardín: 1000 m2

·         Aparcamento e beirarrúas interiores 1000  m2

 

Aulas:

·      32 aulas de ordinarias (asignadas a cada un dos grupos) mais 2 para alumnado de apoio, 7 para desdobramentos, 1 de garda ou espera para alumnos fóra de aulas e 1 de convivencia.

·    As seguintes aulas específicas asociadas a determinadas materias ou usos específicos: 4 de informática (incluíndo a destinada a grupos pequenos, con cinco ordenadores), 2 de música, 2 de tecnoloxía, 2 de debuxo, 1 multiusos de grande dimensión, 1 laboratorio de física, 1 laboratorio de química, 1 laboratorio de ciencias naturais, 1 laboratorio de xeoloxía e 1 aula de artes escénicas.

 

Outros espazos:

             Unha biblioteca con equipamento informático e audiovisual; un ximnasio ou pavillón deportivo con tres almacéns anexos e dous pares de vestiarios e baños, en conexión coas zonas cubertas e descubertas do resío exterior; salón de actos –con 208 persoas sentadas-, sala de xuntas, tres salas de recepción de pais, 1 sala de profesores, 1 despacho de bedelería, 13 despachos para os 18 departamentos de coordinación didáctica –agrupados algúns dos unipersoais con outros pouco numerosos- e outro para o departamento de orientación, 1 espazo amplo de oficinas administrativas e cadanseu despacho para a xefatura de estudos, secretaría, vicedirección e dirección; 1 local de arquivo, 18 baños repartidos polo centro e 1 espazo de cafetería, habilitado para comedor os luns, á parte de outros cuartos reservados par almacén, caldeiras de calefación, electricidade, redes informáticas, etc.

 

 

Poden verse imaxes destes espazos na web antiga

 

Distribuir contido


by Dr. Radut