Skip to Content

Seguro Escolar

_

SEGURO ESCOLAR

Quén debe aboar a cota do Seguro Escolar?

Todo o alumnado menor de 28 anos que se matricule en 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de Bacharelato.

Cándo hai que aboar a cota do Seguro Escolar?

No momento de formalizar a matrícula

Cánto hai que aboar?

1,12 € 

 

Protocolo de actuación en caso de accidente escolar

Alumnado de 1º ou 2º de ESO.

Sen cobertura polo Seguro Escolar

  • Comunicar o feito ao/á profesor/a, ao xefe de estudos e na secretaría.
  • O feito poráse en coñecemento dos pais.
  • No caso de que fose preciso, avisaranse aos servizos de urxencias 112.
    * Un/unha profesor/a (preferiblemente dos/as que estean de garda) acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais.
  • O alumnado con prestación da Seguridade Social, recibirá asistencia sanitaria no Centro de Saúde Valle Inclán (R/ Valle Inclán 18 - Ourense   988253802) ou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
  • O alumnado con seguro privado, recibirá asistencia no centro que lle corresponda.
  • A prestación será cuberta coa tarxeta sanitaria do/a alumno/a.
  • O alumnado con prestación da Seguridade Social, cando reciban no seu domicilio o Modelo  de Prefacturación, deberano entregar na secretaría do IES As Lagoas para a súa posterior tramitación.

Alumnado de 3º ou 4º de ESO, 1º ou 2º Bch

  • Comunicar o feito ao/á profesor/a, ao xefe de estudos e na secretaría.
  • O feito porase en coñecemento dos pais.
  • No caso de que fose preciso, avisarase ao servizo de urxencias 112.
  • Un/unha profesor/a (preferiblemente dos/as que estean de garda) acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais.
  • A sistencia sanitaria recibirase no Centro de Saúde Valle Inclán (R/ Valle Inclán 18 - Ourense   988253802) ou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Tamén se poderá acudir ao Centro Médico El Carmen (Avenida de La Habana 50, 52, 71   Ourense    988223400).
  • Unha vez recibida a asistencia sanitaria, deberán achegar á secretaría do IES As Lagoas o parte de asistencia médica.
  • A prestación será cuberta polo Seguro Escolar.
  • No caso de recibir no seu domicilio a comunicación de Prefacturación, deberano entregar na secretaría do IES As Lagoas para a súa posterior tramitación.

Para calquera outro accidente que non tivese lugar no centro ou realizando actividades promovidas polo mesmo, non será necesario realizar todos estes trámites, polo que, simplemente, deberían acudir a un centro sanitario coa súa correspondente tarxeta sanitaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut