Normativa reguladora
Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG do 11.02.2022)
Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 08.11.2022) atallo
Orde do 26 de maio de 2023 (DOG do 13.06.2023) atallo
Prazas vacantes ofertadas no proceso de admisión
|
Cursos
|
Unidades
|
Postos escolares
|
Vacantes ofertadas
|
NEEAE
|
1º ESO
|
4
|
120
|
20
|
*
|
2º ESO
|
4
|
120
|
16
|
|
3º ESO
|
4
|
120
|
6
|
|
4º ESO
|
4
|
120
|
0
|
|
1º Bch
|
Artes (Música e Escénicas Escénicas)
|
30
|
11
|
|
Ciencias e tecnoloxía
|
90
|
0
|
|
Humanidades e CC.SS.
|
60
|
0
|
|
2º Bch
|
Artes
|
30
|
0
|
|
Ciencias
|
90
|
0
|
|
Humanidades e CC.SS
|
60
|
0
|
|
* Do total de vacantes, reservaranse tres prazas por unidade para Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo
A quen vai dirixido o proceso de admisión?
|
Alumnado de centros adscritos que non fixera reserva e alumnado de centros non adscritos ao IES As Lagoas que teña previsto continuar os estudos neste centro o vindeiro curso 2024-2025.
Prazo de presentación de solicitudes de admisión
|
Do 1 ao 20 de marzo, ambos inluídos
1- Solicitude: Anexo II
2- Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente.
3- Documentación acreditativa dos criterios de baremo que se indiquen na solicitude (só se é preciso).
Do 21 de marzo ao 3 de abril, ambos inclusive, sempre que a demanda supere a oferta de prazas ( o 23 de marzo, nesta mesma páxina, indicaranse aqueles cursos nos que se superou a demanda): As persoas implicadas poderán achegar, voluntariamente, a documentación acreditativa dos criterios de baremo que indicaron na solicitude de admisión.
Criterios prioritarios Criterio do centro DeclaraciónCriterioCentro IPREM Desempate
O 25 de abril publicarase no taboleiro de anuncios a resolución provisional do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación (as persoas interesadas poderán consultar na secretaría as puntuacións desagregadas dos criterios de baremo).
A resolución provisional poderá ser recorrida perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional (do 26 ao 3 de maio). Modelo de reclamación
O 15 de maio publicarase no taboleiro de anuncios a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación.
Contra a resolución definitiva poderase interpoñer recurso de alzada ante a Xefa Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que presente solicitude de admisión neste IES As Lagoas e tivera feita reserva de praza no centro adscrito que lle poidera corresponder, deberá renunciar a dita reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Área de influencia do centro plano
|
Zona de influencia limitada ó:
Norte: Avda. Ribeira Sacra desde a Ponte Vella á Ponte Nova, Curros Enríquez desde a Ponte Nova á Rotonda Fonte das Pirámides (beirarrúa do centro) (incluída), Rúa, Avda. Otero Pedrayo (só beirarrúa do lado do centro), Río Miño dende a ponte Nova.
Oeste: Rúa do Progreso dende a Ponte Vella ata a Rúa Cruz Vermella (incluída).
Sur - Oeste: Rúa Cruz Vermella (Non incluída), Rúa San Miguel (non incluída), Rúa Viriato (non incluída), Rúa Estrella (non incluída), escaleiras á Rúa da Granxa (non incluída), rúa da Granxa con cruce de San Mamede (non incluída), estrada Santa Maríña (non incluída) Serra da Moa (non incluída), Rúa Monte Penagache (non incluída), Tras Divino Maestro ata a Rúa da Granxa (non incluída) e Estrada de Santa Mariña (non incluída).
Concellos: Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar e Esgos (exlusivamente para Bacharelato).
Tendo en conta o Artigo 3 do Decreto 118/2011 (DOG do 22-06-2011) a área de influencia do antigo IES Portovello, engádese a do IES As Lagoas.