ESPAZOS E INSTALACIÓNS DO CENTRO
O edificio do Instituto, construído en 1977 e ampliado en dúas ocasións, conta cos seguintes espazos:
Xeral:
· Edificio, bloque principal (aulas, despachos, oficinas, laboratorios, biblioteca, salón de actos...): 7000 m2
· Pavillón deportivo cuberto: 1167 m2
· Pistas deportivas descubertas: 4000 m2
· Patios de columnas cubertos 1250 m2
· Zonas de xardín: 1000 m2
· Aparcamento e beirarrúas interiores 1000 m2
Aulas:
· 32 aulas de ordinarias (asignadas a cada un dos grupos) mais 2 para alumnado de apoio, 7 para desdobramentos, 1 de garda ou espera para alumnos fóra de aulas e 1 de convivencia.
· As seguintes aulas específicas asociadas a determinadas materias ou usos específicos: 4 de informática (incluíndo a destinada a grupos pequenos, con cinco ordenadores), 2 de música, 2 de tecnoloxía, 2 de debuxo, 1 multiusos de grande dimensión, 1 laboratorio de física, 1 laboratorio de química, 1 laboratorio de ciencias naturais, 1 laboratorio de xeoloxía e 1 aula de artes escénicas.
Outros espazos:
Unha biblioteca con equipamento informático e audiovisual; un ximnasio ou pavillón deportivo con tres almacéns anexos e dous pares de vestiarios e baños, en conexión coas zonas cubertas e descubertas do resío exterior; salón de actos –con 208 persoas sentadas-, sala de xuntas, tres salas de recepción de pais, 1 sala de profesores, 1 despacho de bedelería, 13 despachos para os 18 departamentos de coordinación didáctica –agrupados algúns dos unipersoais con outros pouco numerosos- e outro para o departamento de orientación, 1 espazo amplo de oficinas administrativas e cadanseu despacho para a xefatura de estudos, secretaría, vicedirección e dirección; 1 local de arquivo, 18 baños repartidos polo centro e 1 espazo de cafetería, habilitado para comedor os luns, á parte de outros cuartos reservados par almacén, caldeiras de calefación, electricidade, redes informáticas, etc.
Poden verse imaxes destes espazos na web antiga