Skip to Content

ÚLTIMOS RECOÑECEMENTOS DO NOSO ALUMNADO

Estes son os últimos recoñecementos do alumando do IES As Lagoas, alumnos e alumnas  e centro do que estamos  orgullosos. Parabéns a todos e ánimo para seguir co traballo despois das vacacións!

Parabéns a todos e todas!

ELISA VARELA , 1º PREMIO NACIONAL  DO CONCURSO DE RELATO CORTO “COCA COLA”

O venres 21, Elisa Varela, alumna de 2º ESO, acompañada pola súa profesora Elizabeth Garrido, recibiu en Madrid o 1º premio do concurso de Relato Curto de Coca Cola polo relato titulado “ Como un mar y un río” ,  que aparecerá pronto na revista do noso centro.

Parabéns Elisa!

 

 

 

LEIRE CASTRO, RECIBE UNHA DAS BECAS ESTATAIS DE EUROLINGUA

Leire Castro, de 4º ESO, obtivo unha das 20 becas estatais concedidas por Eurolingua en todo o estado a alumnos/as de ESO e BAC. A beca lle permite recibir un período formativo de dúas semanas en Derry (Irlanda) e a obtención dun certificado de nivel.

Parabéns Leire!

 

 

ALUMNADO DE 2º BAC ACUDE AO ACTO DE RECOÑOCEMENTO DOS MELLORES EXPEDIENTES DE ABAU.

Acudimos á Coruña, o venres 21, para recoller os diplomas que recoñecen os mellores expedientes das ABAU deste ano. Máis de 1000 xoves foron homenaxeados polos reitores das universidades públicas e o Conselleiro de Educación, entre eles o nos alumnado.

 

 

PREMIOS CERTAME DO TEATRO “LAGOAS Á ESCENA”

Nun ámbito máis caseiro, o luns 17 de xuño, entregamos no Salón de Actos os premios do 1º certame de teatro celebrado no instituto. Todos os participantes recibiron o seu premio. Foron os seguintes:

  • Premio á mellor obra: Un xoguete para Goldoni, do alumando de Artes Escénicas de 2º de BAC do noso instituto, dirixidos por Xavier Álvarez Cid
  • Premio do público á mellor obra: O club das poetas mortas, do grupo de teatro organizado pola ANPA do centro, dirixido por “Lele” Álvarez.
  • Accésit á mellor obra: Escombros do Colexio Santa María Nai, Maristas, dirixidos por Alba de Evan.
  • Premio á mellor interpretación individual: Martina Llamas Fernández, do IES As Lagoas,  pola súa interpretación no Club das poetas Mortas.

 



page | by Dr. Radut