Skip to Content

O departamento de Grego saca DA9, unha adaptación de teclado grego politónico multiplataforma (Windows+Linux+Mac)

O blog do Espazo Abalar (Xunta de Galicia) publica DA9Linux, a versión para Linux, compatible coa Maqueta Abalar/Abalinux que se usa na maioría dos ordenadores dos centros públicos.Enlace á publicación AQUÍ.

 

O departamento de Grego usa nas clases, para a escritura en grego politónico (grego antigo) nas pantallas dixitais, e para a elaboración de textos, apuntes e exercizos orixinais, o mapa de teclado DA9. A finalidade desta modificación da plantilla orixinal de Costas Georgíou é facilitar ao máximo a escritura de textos en grego antigo a persoas destras, zurdas, e ambidestras, mediante a distribución dos signos ortográficos polas teclas de Función F2-F3-F4, F5-F6-F8, e F9-F10-F11-F12.

 

Durante o curso 2023-24, o xefe deste departamento desenvolveu a versión desta plantilla para ordenadores Mac. Podedes ver o titorial de instalación e activación e o de uso nos dous seguintes vídeos:


 


DA9 entón é xa multiplataforma, pois permete escribir coa mesma distribución de teclado (mapa de teclado) en ordenadores con sistema operativo Windows, Mac e Linux. Guay

Premer AQUÍ para acceder as plantillas DA9 e instruccións de instalacións das mesmas para cada Windows, Linux e Mac.

 

-

I CERTAME DE TEATRO "LAGOAS A ESCENA"

Como centro impulsor da modalidade de Música e Artes Escénicas, o IES As Lagoas contemplaba desde había tempo a organización dun certame de teatro escolar,  e hoxe por fin, ese desexo  é unha realidade.

O teatro busca desenvolver entre o alumnado a dimensión estética e creativa da vida, desenvolver as competencias básicas, fomentar a integración  e estreitar as relacións dentro das comunidades escolares e sociais.

Trátase dun certame local, dirixido aos centros públicos e concertados da cidade de Ourense que impartan ESO e BAC, alumnado co que estarán formados os grupos.

O prazo de inscrición rematará o 21 de marzo de 2024, incluído, e unha vez rematado, procederase a elaborar o calendario que será comunicado aos centros participantes. O período de representacións programarase a tarde dos luns dos meses de maio e xuño.

As persoas interesadas  poderán acceder a toda a información e documentación relativa ao certamen na sección da web dedidaca a iso, na lapela superior á dereita.

LX OLIMPÍADA MATEMÁTICA DE SANTIAGO: 1º E 2º PREMIO PARA ALUMNOS DO NOSO CENTRO

Parabéns a

Pablo Freire Fernández de 3 ESO 

Raquel Freire Fernández de 2 Bac

que acadaron o 1 e 2 premio, respectivamente, na fase galega da LX Olimpiada Matemática celebrada o venres en Santiago 

Sorriso 

Premios de excelencia da ESO, orgullosos dos nosos tres alumnos. Parabéns!!

 Os nosos alumnos Roque , Yoel Sánchez e Audrey de 1º BAC obtiveron o premio extraordinario da ESO do curso pasado.

Parabéns aos tres!

*Premio en Igaciencia para o alumnado de 2º bach*

O noso alumnado de 2º Bacharelato de Debuxo Técnico resultou premiado no concurso Igaciencia. Novos Poliedros 2023 co Fractal: Serpe de sete cabezas Ménger-Díaz.


Parabéns Raquel, Rebeca, León, Gabriel, Uxía, Candela, Noel, Mateo e Nuno. Así como ao departamento de Debuxo.

1. ENLACE A TODOS OS TRABALLOS

2. Entrega do premio xunto con Manuel Díaz Regueiro na secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela:

Parabéns a todos!!

 

  

 

 

 

 

ERASMUS+ - Mobilidade de grupo: Hungría

ADMITIDOS e HORARIO DAS ENTREVISTAS

Lista de admitidos e excluídos:
Xa está feita a selección para a mobilidade do Erasmus + a Hungría:

Lista admitidos:
Brais Balado González (3º ESO) 
Martina Jarque  Álvarez (3º ESO) 
Valentina Lorenzo Acitores (3º ESO) 
Olalla Sánchez Gómez (3º ESO) 
Marta García González (4º ESO)
Candela María Cruz Núñez (1º BACH)
Cristina Cotos Fernández-Arruty (1º BACH)
Guadalupe Leza Pérez (1º BACH)
 
Lista excluídos:                                Motivo exclusión: 
Paula Conde Moyano (1º BACH)       Documentación entregada fora de prazo


ENTREVISTAS

As entrevistas persoais realizaranse nos recreos de forma presencial na aula de titorías os seguintes días: 

LUNS, 27 de novembro, a partir das 11:00h:

Candela María Cruz Núñez (1º BACH)
Cristina Cotos Fernández-Arruty (1º BACH)
Guadalupe Leza Pérez (1º BACH)

MARTES, 28 de novembro, a partir das 11:00h:

Martina Jarque  Álvarez (3º ESO) 
Valentina Lorenzo Acitores (3º ESO) 
Olalla Sánchez Gómez (3º ESO) 

MÉRCORES, 29 de novembro, a partir das 11:00h:

Brais Balado González (3º ESO) 
Marta García González (4º ESO)

ERASMUS +

ACTIVIDADE DE MOBILIDADE DE EDUCACIÓN ESCOLAR

MOBILIDADE DO ALUMNADO

MOBILIDADE INDIVIDUAL DE CURTA DURACIÓN (2 SEMANAS) - FRANCIA

Lista de admitidos:

Antón Lecompte Saco

O alumnado admitido queda convocado para unha entrevista o venres, 3 de novembro de 2023, presencial, ás 11:05h na sala de titorías do IES AS LAGOAS.

ACREDITACIÓN ERASMUS+. MOBILIDADES

 

 

ACREDITACIÓN ERASMUS +. MOBILIDADES

 

CONVOCATORIA PARA O ALUMNADO

 

MOBILIDADE DE GRUPO

 

 

Buscamos alumn@s matriculad@s na materia de ALEMÁN

 


interesad@s en levar a cabo unha mobilidade de grupo

 

co instituto Evangélikus Kossuth Lajos Gimnázium

 

en Nyíregyháza (Hungría).

 

 

Datos mobilidade:

 

 

MOBILIDADE DE GRUPO DO ALUMNADO 

 

LINGUA: ALEMÁN (nivel: A2 / B1)

 

CENTRO ALEMÁN: Evangélikus Kossuth Lajos Gimnázium

 

PRAZAS DISPOÑIBLES: 8-10

 

 

Acollida do alumnado húngaro: febreiro 2024

 

Mobilidade ao centro húngaro: maio 2024

 

Os/as interesados/as deben encher o formulario anexo,

 

cubrilo e entregalo ata o 2 de novembro 2023 ás 23:59h 

 

enviándoo ao seguinte correo electrónico:

 

erasmuslagoas@gmail.com

 

Convocaremos ós/ás alumnos/as para unha entrevista

 

persoal nos días posteriores á entrega do formulario.

 

 

NIVEL: preferiblemente A2 / B1

 

Clica AQUÍ para ver o baremo

 

Clica AQUÍ para descargar o fomulario de inscripción.  

 

 

 

 

 

  

-

 

MOBILIDADES ACREDITACIÓN ERASMUS +     

Buscamos alumnos/as matriculados/as na materia de Francés (4º ESO e/ou BAC) interesados/as en levar a cabo unha mobilidade individual de 2 semanas cun instituto francés.

 Datos da mobilidade:

 LINGUA: FRANCÉS

 ALUMNADO: FRANCÉS 4º ESO e BAC

 MOBILIDADE  DE CORTA DURACIÓN: 2 semanas

 PRAZAS DISPOÑIBLES: 2

 CENTRO FRANCÉS: Lycée du Pays d’Aunis (La Rochelle)

 DATA DA MOBILIDADE A FRANCIA: Xaneiro 2024

 DATA DA MOBILIDADE EN ESPAÑA: Aínda sen determinar

 

Os/as alumnos/as interesados/as deben encher o formulario anexo, cubrilo, escanealo e entregalo ata o 26 de outubro enviándoo ao seguinte correo electrónico: erasmuslagoas@gmail.com

 Despois  convocaremos ao alumando interesado para unha entrevista persoal e aplicaremos o baremo adxunto.

Formulario atallo

Baremo atallo

 

-

ERASMUS DAYS

Os días 10 e 11 de outubro imos celebrar no centro os "Erasmus Days", unha campaña de celebración que pon en valor os beneficios da mobilidade europea, mediante a difusión dos proxectos do programa Erasmus +, implicando á comunidade educativa e á cidadanía en xeral.

Durante estes días, temos o noso rincón europeo no hall principal cun paneis informativos, unha pequena exposición dos proxectos europeos levados a cabo ata o momento e un pequeno resumo das actuacións proxectadas para este curso.

Haberá tamén uns concertos nos recreos. Estamos a disposición da comunidade durante os recreos para aclarar calquer dúbida.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut