Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Actividades

20 de MAIO "DÍA DA SOLIDARIEDADE EN ALLARIZ E XUNQUEIRA DE AMBÍA"

O día 20 de maio de 2016 foi un día moi especial para o noso centro.

Por unha banda, fíxose a despedida do grupo de rapaces de 2º de Bacharelato que se graduaron e quixeron celebralo cos seus profes.

Pero tamén foi un "Día Solidario", de unidade entre os centros escolares de primaria e secundaria de Allariz e Xunqueira de Ambía e tamén doutros centros que participaron na"Entrega de Premios" da 3ª edic ión do "Concurso Falando de Solidariedade" que tivo lugar en Xunqueira de Ambía.

Este ano, ademais das actividades incluidas dentro da Programación da Entrega de premios, os centros escolares decidiron realizar nos seus centros tamén outras actividades relacionadas coa solidariedade, dentro das materias que estudan.

Pola Mañá, dentro do horario lectivo, realizáronse as seguintes actividades no IES:

Así o alumnado de Bacharelato, na materia de filosofía e en coordinación coa Biblioteca e co departamento de Galego, fixo unha sesión de "Contacontos solidaria" na gardería, partindo da adaptación dun conto do libro de Francisco Castro e Fina Casalderrey "O neno can". Sandra, unha alumna  de 1º de bacharelato, elaborou uns monicreques e un decorado pàra representar este conto. Os actores foron algúns alumnos de 1º de bacharelato que divertiron coa súa actuación os neniños.

Por outra banda, outro grupo de alumnos de bacharelato e 1 alumna de PMAR, axudados polo profesor de música, Daniel , adaptaron un conto de E.Blanco Amor sobre a emigración para os "maiores da residencia de anciáns", acompañados de música e recitaron un poema de Rosaalía de Castro, ademais de cantar cancións novas e vellas . Foi un encontro "interxeracional" precioso que permitiu achegar estas 2 franxas de idade.

O alumnao de PMAR e 2º de ESO asistiron ao encontro con Francisco Castro para falar do libro que traballaron na materia de lingua galega "O neno can".

A xornada conitnuou cunha "Comida compartida" con alumnos do club de lectura do IES Cidade de Antioguía á beira do río en Xunqueira de Ambía.

Pola tarde, realizaron unha visita guiada pola colexiata de Xunqueira e puideron coñecer como funciona o seu órgano. Ademais, tamén asisitiron a unha charla sobre a situación actual dos Campamentos Saharauis.

Finalmente, levouse a cabo a entrega de premios de infantil, primaria e secundaria do Concurso de relato e debuxo, que estiveron acompañados de numerosas actividades de animación á lectura  a cargo da actriz Raquel Queizás, a nosa compañeira de galego, Laura Iglesias que ademais de profe é unha estudpenda ilustradora, e o músico Fran Amil que amenizou a tarde os máis cativos.

A xornada rematou cunha "Merenda Solidaria", onde cada un achegaba algo de diñeiro que irá destinadao a fins sociais dos concellos de Allariz e Xunqueira. 

                     

 

                                                         

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

" CONCURSO FALANDO DE SOLIDARIEDADE"

O 20 de maio, os centros escolares de Allariz (CEIP Padre Feijoo, IES de Allariz) e Xunqueira de Ambía (CEIP Padre Crespo), organizan a Entrega de Premios da 3ª edición do  Concurso "Falando de Solidariedade", que este ano ten como temática "Os movementos migratorios".

Este acto terá lugar en Xunqueira a partir das 17:30 da tarde e nel inclúense varias actividades de animación á lectura destinada a rapaces dos distintos niveis educativos (infantil-bacharelato).

Ademais, nos distintos centros pola mañá vanse organizar varias actividades tamén que teñen que ver co tema da solidariedade.

Os alumnos de 1º de bacharelato, van realizar unha sesión de contacontos na gardería e na residencia de anciáns de 11:30-12:30.

Ademais, o alumnado de 2º de ESO e PMAR asistirá ao encontro con Francisco Castro para falar do libro "O neno can" que se traballou durante o 3º trimestre e ten unha temática relacionada cos dereitos da infancia.

Pódese consultar o programa de actividades no adxunto.

 

QUEDADA LITERARIA IES ALLARIZ CEIP O ROSAL

O día 27 de abril, o alumnado pertencente aoClub de lectura do CEIP O Rosal, viñeron de visita a Allariz.
Pola mañá, puideron coñecer Santa Mariña de Augas Santas.
Pola tarde, visitaron Allariz, acompañados do noso alumnado do club de lectura e colaborador da biblioteca e tamén de PMAR, e dos profes, Sergio, Laura e María.
Esta visita foi especial, xa que comezou cunha comida compartida na Acearrica e os guías foron os nosos rapaces que ían interactuando cos visitantes, compartindo poemas e traballos feitos en ambos centros sobre a obra de Manuel María.
Un día inesquecible para os dous centros.
Desde o Rosal enviáronnos ESTE VÍDEO moi fermoso que explica como foi a xornada.

Mil grazas aos rapaces e profes que nos acompañaron e nos fixeron disfrutar antes e despois da súa presenza e do seu traballo.

 

 

 

 

QUEDADA LITERARIA IES ALLARIZ CEIP O ROSAL

O día 27 de abril, o alumnado pertencente aoClub de lectura do CEIP O Rosal, viñeron de visita a Allariz.
Pola mañá, puideron coñecer Santa Mariña de Augas Santas.
Pola tarde, visitaron ALLARIZ  acompañados do noso alumnado do club de lectura e colaborador da biblioteca e tamén de PMAR, e dos profes, Sergio, Laura e María.
Esta visita foi especial, xa que comezou cunha comida compartida na Acearrica e os guías foron os nosos rapaces que ían interactuando cos visitantes, compartindo poemas e traballos feitos en ambos centros sobre a obra de Manuel María.
Un día inesquecible para os dous centros.
Desde o Rosal enviáronnos 2 vídeos moi fermosos froito da súa estancia en Santa Mariña e Allariz.

Mil grazas aos rapaces e profes que nos acompañaron e nos fixeron disfrutar antes e despois da súa presenza e do seu traballo.

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN DE RELIXIÓN O 18 E 25 DE ABRIL

Este ano, a temática da solidariedade, na que estamos traballando desde a Biblioteca, manifestouse dun xeito especial na excursión que a nosa profe de Relixión, Rebeca, organizou para todo o alumnado do centro os días 18 (1º ciclo de ESO) e 25 (2ªciclo e Bacharelato) de abril.
Esta saída estivo cargada de emocións, sobre todo porque puidemos disfrutar do visionada da curtametraxe"Máis que vida" de Rubén Rios unha experiencia que dificilmente vai esquecer o noso alumnado.
Ademais, realizáronse outras actividades relacionadas coa solidariedade como a visita ás dependencias da Cruz Vermella de Ourense, onde se lle explicou como funciona esta organización e o programa de voluntariado que levan a cabo.
Finalmente, visitamos AIXIÑA, onde os rapaces, puideron xogar ao "Bocia" con persoas discapacitadas que lle amosaron as súas "capacidades" e lle transmitiron as súas ganas de vivir.

Foron 2 días especiais que tardaremos en esquecer

18 DE ABRIL 1º CICLO DA ESO

 

25 ABRIL 2º CICLO DA ESO E BACHARELATO

 

 

 

 

 

PERCORRIDO POLA VILA DE ALLARIZ

O día 13 de abril, o alumnado de 2º ESO fixeron un percorrido pola vila de Allariz, acompañados por varios profesores do IES e guiados por Ramiro, que dun xeito moi lúdico lles foi explicando ao alumnado como era a estrutura da vila medieval e os lugares máis destacados de Allariz.

 

CHARLA CON ALFONSO MASCUÑANA BORDAS

O vindeiro, venres 15 de abril, haberá unha actividade na que participan os colexios de primaria e o instituto, o concello, a libraría Aira das Letras e Radio Allariz.
Trátase dun encontro cunha persoa que acaba de vir como voluntario da Illa de Lesbos e vén contar a súa experiencia co obxectivo de concienciar a xente do que está acontecendo con miles de persoas que loitan por sobrevivir en terras alleas.
Esperamos que esta actividade sexa moi proveitosa para todos.

TERTULIAS LITERARIAS EN CASTELÁN

O día 7 de abril, alumnos de 3º, 4º ESO e 1º de bacharelato, asistiron a unha tertulia literaria sobre o libro La ley del menorde Ian Mcewan, xunto con outros centros da contorna (Xinzo de Limia, Maceda e Ribadavia) que tivo lugar no Liceo e que está organizada polo Concello de Ourense.
Foi unha tertulia moi proveitosa na que se intercambiaron opinións moi interesantes sobre o libro entre os participantes

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL PARA OS REFUXIADOS

O noso centro, xunto co colexio de primaria e outras entidades da vila de Allariz, convertéronse durante os días 31 de marzo a 5 de abril en puntos de recollida de material para os refuxiados, participando nunha campaña que organizou un grupo de persoas de Allariz, en coordinación coaAsociación Alhambra e que se está levando a cabo en varios puntos de Galicia.
O noso alumnado colaborou de xeito solidario coa achega de moito material de primeira necesidade (hixiene/saúde).
Esta actividade complementarase cunha charla que terá lugar o día 15 de abril nos colexios de primaria e secundaria e tamén no Fogar dos Maiores, dun voluntario, que pertence á ONG AXUNICA, que acaba de chegar da Illa de Lesbos.
Trátase de Alfonso Mascuñana Bordas, profesor de filosofía que acaba de vir como voluntario de Lesbos e vai por distintos puntos de Galicia contando a súa experiencia.

 

 

ENCONTRO CON SABELA NÚÑEZ SINGALA: "O AGASALLO DE ANYA"

O noso alumnado de 1º de ESO e PMAR puido disfrutar o luns 4 de abril, do encontro con Sabela Núñez Singala, autora de O agasallo de Anya, obra que traballaron durante o 2º trimestre e que ten un gran contido de solidariedade.
A autora contoulles como este libro naceu dunha viaxe realizada a Ucraína na que puido coñecer de 1ª man as grandes necesidades que teñen os nenos e nenas dese país, a maioría dos cales viven en orfanatos.
Este libro é un complemento máis das distintas actividades que se están levando a cabo no centro durante este curso dentro do noso proxecto "Falando de Solidariedade".
Ademais de ao instituto, a autora foi aos colexios de primaria de Allariz e Xunqueira de Ambía.
Os coordinadores das 3 bibliotecas disfrutaron dun xantar compartido coa autora no colexio de Xunqueira de Ambía.

Pola tarde, a autora tamén ía ao instituto Cidade de Antioquía, de Xinzo de Limia, que está dentro do proxecto "Falando de Solidariedade".


Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare