Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Actividades
CANCIÓN EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O día 1 de decembro, coincidindo coa celebración do Día da SIDA, o noso profesor de música, Daniel, en coordinación co seu alumnado, fixeron unha preciosa homenaxe as mullleres, cantando unha emotiva canción durante o 2º recreo.
Ademais, alumnas de diversos cursos expuxeron unhas pancartas que elaboraron durante esta semana, coa axuda da profesora de plástica, Basilisa Álvarez.
ACTIVIDADE TEATRAL: "CANDO VALENTINA ERA MALA"
O día 27 de novembro, o alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato, asistiron a unha representación teatral "Cando Valentina era mala" organizado polo grupo das "Silvardeiras", na Casa da Cultura de Allariz.
Esta actividade, complementa outras que se están levando a cabo no centro con motivo da celebración o día 25 de novembro do "Día en contra da violencia de xénero".
DÍA 25 DE NOVEMBRO, EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
No noso centro, organizáronse varias actividades con motivo da celebración o día 25 de novembro do Día en contra a violencia de xénero:
1.Día 20: o alumnado de 3º ESO A e 1º de Bacharelato participan nun obradoiro sobre o " Bo Trato "
- APIs de Blogue
- Leer máis
CARNÉ DE USUARIO DA BIBLIOTECA
Este ano, o alumnado e profesorado que chegan novos ao centro, recibiron o seu carné de usuario.
Esperamos que o empreguen moito durante a súa estancia no noso centro.
- APIs de Blogue
VISITA Á EXPOSICIÓN DE XABIER VARELA
Na nosa vila, na Fundación Vicente Risco, un artista da vila, fixo unha exposición da súa obra pictórica baseada na obra do autor "O porco de pé".
O noso alumnado de 3º de ESO e tamén doutros cursos tiveron a oportunidade de visitala.
- APIs de Blogue
- Leer máis
SAMAÍN 2017
Neste o curso, o EDL, organizou varias actividades interesantes e divertidas nas que se implicaron moitos profesores e alumnos. 1. Adorno das portas de cada aula con motivos relacionados co Samáin e cun lema en galego. 2. Adorno da Biblioteca e exposición de libros de temática relacionada co medo. |
- APIs de Blogue
- Leer máis
SEMANA DA BIBLIOTECA
Este ano, o Día da Biblioteca, organizamos unha exposición sobre a revista do noso centro, "O PREGOEIRO".
O motivo deste exposición é que pretendemos voltar a retomar o traballo que se realizou ao longo de 25 anos no noso centro, editando unha revista na que participaron alumnos, profes...
- APIs de Blogue
- Leer máis
BENVIDA AO CURSO 2017-2018
Comeza un novo curso escolar.
Seguindo o Lema da Biblioteca Escolar deste ano: "Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar "
ANIMÁMOSVOS A QUE PARTICIPEDES nas nosas actividades:
»
30 XANEIRO "DÍA DA PAZ"
Este ano, o día 30 todos os alumnos do noso centro, traballaron cos seus titores un Manifesto sobre a Paz que estaba cheo de boas reflexións.
Esperemos que as apliquen ao futuro.
O NOSO ALUMNADO PARTICIPA NA FESTA DO BOI
Como todos os anos, cando chega a Festa do Boi a Allariz, o alumnado de primaria e secundaria, participa nas diversas actividades de tipo cultural que hai durante a semana da Festa.
Comezan na Procesión do Xan de Arzúa, onde desfilan o gremio dos Xograres e Trobadores, acompañados doutros elementos como a Tarasca...que é levada por rapaces.
Logo o luns faise un "Roteiro histórico do Boi" en clave humorístico.
O mércores, alumnos de primaria e secundaria protagonizan a representación teatral en monicreques da festa, que este ano ademais estivo acompañada dunha "Procesión infantil" con batucada.
O xoves o maiores axudan aos maís novos a atopar pistas no xogo do "Pista Boi".
Ademais, este ano algúns alumnos de bacharelato, 4º e 3ª ESO acudiron ás Tertulias Literarias en galego sobre o libro de Berta Dávila, "O derradeiro libro de Emma Olsen", e deixaron a súa pegada na cidade, xa que amosaron que o gusto pola lectura pode ir unido ao gusto pola festa e a tradición.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »