Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Actividades
ENCONTRO CON SABELA NÚÑEZ SINGALA: "O AGASALLO DE ANYA"
O noso alumnado de 1º de ESO e PMAR puido disfrutar o luns 4 de abril, do encontro con Sabela Núñez Singala, autora de O agasallo de Anya, obra que traballaron durante o 2º trimestre e que ten un gran contido de solidariedade.
A autora contoulles como este libro naceu dunha viaxe realizada a Ucraína na que puido coñecer de 1ª man as grandes necesidades que teñen os nenos e nenas dese país, a maioría dos cales viven en orfanatos.
Este libro é un complemento máis das distintas actividades que se están levando a cabo no centro durante este curso dentro do noso proxecto "Falando de Solidariedade".
Ademais de ao instituto, a autora foi aos colexios de primaria de Allariz e Xunqueira de Ambía.
Os coordinadores das 3 bibliotecas disfrutaron dun xantar compartido coa autora.
OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA SOBRE "EL LAZARILLO DE TORMES"
O noso alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato inicia o trimestre cunha actividade de animación á lectura sobre "El Lazarillo de Tormes", libro que leron durante o 2º trimestre.
Este obradoiro está protagonizado por Raquel Queizás, quen dun xeito humorísticos e interactivo co alumnado, lles explica as pasaxes máis divertidas desta famosa obra.
8 MARZO "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"
Para conmemorar este día, desde a Biblioteca, en coordinación cos departamentos de Linguas, proxectouse durante os 2 recreos un documental que foi rodado en Allariz que leva por título POLAS BRAVAS ,protagonizado por 6 mulleres da nosa zona que fan do "rural" o seu modo de vida.
Ademais e dentro do Proxecto que estamos levando a cabo desde a Biblioteca "Falando de Solidariedade" quixemos rendirlle unha homenaxe a unha muller que está realizando un gran traballo en Nicaragua coa que leva colaborando o noso centro desde hai anos a través do CALENDARIO SOLIDARIO e á que o Concello de Lugo lle concedeu este ano o premio "ENTRE MULLERES".
Trátase de ANA MARÍA VILA MONTERO, fundadora da ONG AXUNICA.
UN AGASALLO DE NADAL PARA OS COLABORADORES DA BIBLIOTECA
A responsable da biblioteca quixo agasallar aos seus colaboradores da Biblioteca cunhas lambetadas.
É un xeito de recompensar a súa dedicación durante este trimestre nos recreos e tamén nas actividades que se foron desenvolvendo.
GRAZAS A TOD@S:
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" 2015
Desde hai 3 tres anos, vimos realizando no noso centro un concurso de postais de Nadal.
Este ano, como estamos traballando coa "Solidariedade", o noso concurso levou o título "Falando de Solidariedade" e tódalas postais incluían mensaxes e imaxes solidarias.
Despois de elixir as postais gañadoras, fixemos unha exposición no corredor do centro, fronte á biblioteca.
POSTAIS GAÑADORAS NO CONCURSO "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" 2015
O día 18 de decembro, durante o Festival de Nadal, a nosa compañeira Rebeca, fixo entrega dos premios ao alumnado gañador do concurso "Falando de Solidariedade".
As postais gañadoras foron as seguintes:
1º ciclo: Raguía Añel Fernández (1º ESO A)
2º ciclo (Accésit á orixinalidade): Lucía Calviño Fernández (PDCII)
PRESENTACIÓN DO CALENDARIO SOLIDARIO AXUNICA
Como tódolos anos, o alumnado de 1º ciclo da ESO participou na elaboración do CALENDARIO SOLIDARIO AXUNICA, guiados pola nosa compañeira Olga, que desde hai 30 anos colabora cos seus alumnos nesta causa.
O debuxo elixido do noso centro foi realizado por un alumno de PDCII, IÑAKI RIVERO.
Este ano ademais dedícase a "Manuel María", autor homenaxedado nas Letras Galegas e que aparece tamén no calendario.
Quíxose lembrar tamén o desastre ocorrido en Francia, cunha imaxe en homenaxe ás víctimas.
Desde a Biblioteca queremos felicitar tanto ao alumnado coma o profesorado que colabora neste proxecto polo seu traballo e dedicación.
Grazas a todos aqueles alumnos que se comprometen a vender o calendario para recadar fondos para esta causa.
PROXECTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2015-2016: "FALANDO DE SOLIDARIEDADE"
O vindeiro 29 de outubro,, ás 20:00 H preséntase no Fogar do Maior, o Proxecto "Falando de Solidariedade"no que participan varios centros escolares: CEIP Padre Feijoo de Allariz, CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, IES Cidade de Antioquía e IES de Allariz.
|
DÍA DA BIBLIOTECA: "MEMORIAS DUN NENO LABREGO"
O pasado 23 de outubro e, dentro das actividades que se organizaron para conmemorar o "Día da Biblioteca", o alumnado de 1º, 2º ESO, asistíu á Casa da Cultura do Concello de Allariz, para ver a adaptación que Cándido Pazófixo da famosa obra de Neira Vilas "Memorias dun neno labrego".
A esta actividades tamén asistiron os alumnos de5º e 6ª de primaria do colexio CEIP Padre Feijoo de Allariz.
Foi unha actividade compartida que disfrutaron moito.
EXCURSIÓN DIDÁCTICA A SANTOMÉ E OSEIRA E OBRADOIRO SOBRE "O SEGREDO DOS FRANCISCANOS"
O día 21 de outubro e dentro das actividades que estamos organizando polo mes da Biblioteca, o alumnado de 3º ESO, acompañados de Manuela e María, realizaron as seguintes actividades:
1. Visita ao castro de Santomé, onde puideron disfrutar da natureza e aprender cousas sobre a cultura castrexa.
2. Obradoiro sobre "O Segredo dos Franciscanos" que se levou a cabo no Arquivo Histórico de Ourense e lles permitiu facer un percorrido pola historia desta orde na cidade de Ourense.
3. Visita ao Mosteiro de Oseira, onde ademais de poder contemplar a marabillosa arquitectura do mosteiro puideron ver a súa fermosa "Biblioteca".
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »