Actividades culturais

O Mandarim, de Eça de Queirós

Representação teatral e sessão do clube de leitura.

A Companhia de Teatro de Almada representa o Mandarim, de Eça de Queirós, nesta quinta-feira dia 9 (20h30) no Salón Teatro, graças à parceria dessa entidade com o Centro Dramático Galego. Encorajamos muito a vossa presença lá. Já na próxima semana, na terça e na quarta (dias 14 e 15), teremos as sessões de debate sobre o livro. Podem requisitar exemplares para leitura na biblioteca.

Parla come mangi! Le varietà regionali in cucina

Gústache a cociña italiana? Que sabes da situación lingüística italiana? Ven a esta actividade ideal para os amantes da boa cociña e das linguas.

Carla Costanzo falaranos da situación lingüística italiana dende unha perspectiva tan orixinal como apetitosa: a cociña nas diferentes rexións de Italia. Unha viaxe gastronómica e lingüística que nos levará dende Milán a Sicilia, pasando por Roma.

Conversa con Cándido Pazó

Cándido Pazó dirixe a obra de teatro Xardín Suspenso co Centro Dramático Galego. Autor, director,de escena, narrador oral e actor, comeza a súa actividade profesional en 1975.

Riots or protests: racially sensitive language

Jarrett McDowell, an American living in Ribeira, will give us a brief presentation on the Ferguson Riots in the USA and the social unrest that followed. He will also show us how important it is to choose our words carefully when dealing with sensitive issues such as racism.

Join us this Wednesday and learn more about this topic!

Todo un éxito o concurso "Spelling Bee" na sección de Noia

Parabéns ás gañadoras do concurso Spelling Bee, celebrado na sección de Noia o pasado 12 de marzo!!!

- Avanzado: Carla Freire Caamaño (Avanzado 1)
- Intermedio: Lorena Costoya Dosil ( Intermedio 1)
- Básico: María Dolores Lorenzo Queiro (Básico 2)

Tod@s quedamos con gañas de facer máis actividades deste tipo na sección, tanto as profes como @s alumn@s.

Italiano, vero? Gioco a quiz di cultura italiana.

Gústache a cultura italiana? Ven e participa nesta actividade pensada para os amantes de Italia.

Simone Negrin, actor, guionista e director de teatro, guiaranos ao longo deste espectáculo lúdico no que o público poderá coñecer mellor todos aqueles aspectos que fan de Italia un dos países máis famosos e amados do mundo: arte, música, cine, cociña, deporte, moda e un longo etcétera!

Xardín Suspenso, unha obra do Centro Dramático Galego

Xardín suspensoQueres ir ao teatro? Cándido Pazó dirixe a obra de Abel Neves Xardín Suspenso.

Funcións xerais:
sábados 14, 21 e 28, ás 20:30 h
domingos 15, 22 e 29, ás 18:00 h

Funcións escolares:
mércores 18 e 25, ás 11:00 h
xoves 19 e 26, ás 11:00 h

no Salón Teatro, Rúa Nova (Santiago de Compostela).

L'italiano che fa ridere. La comicità italiana nel grande e piccolo schermo.

Comedia italianaQueres comprender mellor a sociedade italiana e os seus estereotipos mentres escachas coa risa?

Valentina Guitto, profesora de italiano na Universidade de Valladolid, presentaranos os protagonistas do humor italiano na historia do cine e a televisión. Da man destes personaxes e as súas aportacións, coñeceremos os momentos más importantes da sociedade italiana, os seus estereotipos e comprenderemos mellor este país tan famoso no mundo.

Obraidoro de curtas

Taller urxente de guión con Carlos Santiago

Neste obradoiro poderemos aprender como escribir un guión para cine cunhas poucas técnicas básicas. A través da creación colectiva dun guión para unha curtametraxe aprenderemos como seleccionar unha historia, como estruturala con sentido cinematográfico e como desenvolvela de maneira áxil e eficaz tirando todo o partido posible do noso talento como guionistas.

Pequeno Obradoiro de interpretación con Paula Carballeira

Neste obradoiro aprenderemos a poñernos diante da cámara sen medo.

Paula Carballeira

En televisión traballou en: “Apaga a luz”, “A noite en blanco”, “Pequeno hotel”, episodio piloto de “Pepe o Inglés”, “Rías Baixas”, “O rei da comedia”, “Máxima Audiencia”, “Contando estrelas” e “Libro de Familia”.

+INFO sobre Paula Carballeira

Martes 10 de marzo de 20:00 ás 21:30 no salón de actos.

Distribuir contido