Queres ir ao teatro? Cándido Pazó dirixe a obra de Abel Neves Xardín Suspenso.
Funcións xerais:
sábados 14, 21 e 28, ás 20:30 h
domingos 15, 22 e 29, ás 18:00 h
Funcións escolares:
mércores 18 e 25, ás 11:00 h
xoves 19 e 26, ás 11:00 h
no Salón Teatro, Rúa Nova (Santiago de Compostela).
Pide os teus bonos descontos. Podes pedir máis de un bono por persoa.
Están dispoñibles na conserxería a partir do venres 13 de marzo (ás 12:30).
Recollerás a túa entrada na taquilla media hora antes da sesión onde aboarás os 3 euros.
En Xardín suspenso, Abel Neves asina un texto aparentemente simple, pero que adquire unha enorme complexidade, pois é unha historia da nosa condición humana. Ata onde pode levar a constancia e a fidelidade absoluta a unha promesa de amor incumprida?
Neves tamén indaga nas relacións familiares e no microcosmos no que se sostén a nosa (in)felicidade e proponnos un xogo de enigmas respecto ao que lle acontece a Lucía, o personaxe principal en torno a quen xira a acción da obra.
Máis información aquí.