Obraidoro de curtas

Taller urxente de guión con Carlos Santiago

Neste obradoiro poderemos aprender como escribir un guión para cine cunhas poucas técnicas básicas. A través da creación colectiva dun guión para unha curtametraxe aprenderemos como seleccionar unha historia, como estruturala con sentido cinematográfico e como desenvolvela de maneira áxil e eficaz tirando todo o partido posible do noso talento como guionistas.

Mércores 18 de marzo de 2015 das 18:30 ás 21:00 na Aula 13 da EOI.

Carlos Santiago

Escritor, dramaturgo e guionista, é autor de numerosas pezas de teatro e guións para cine a televisión. No ano 2013, o seu proxecto “Ningún deus aquí arriba” foi un dos seis seleccionados entre proxectos de todo o estado para o Laboratorio de Escrita de Guións, premio convocado pola Fundación Autor da SGAE.

+INFO sobre Carlos Santiago:
http://grenlandia.wordpress.com/about/biopsia/
http://www.linkedin.com/profile/view?id=47933881&trk=nav_responsive_tab_profile

Organiza o EDLG e o Departamento de galego