Este mes na Horta de Lolafixemos sementeiro de distintos CULTIVOS DE INVERNO: espinacas, rábanos, nabicol e coliflor. Estamos coidando os xermolos na aula con moito cariño para que, cando crezan un pouquiño, poidamos sair a plantalos aos bancais no exterior.
O pasado venres 31 tivemos o derradeiro obradoiro na horta de Lola con Somosterra.
Os peques de 3 anosrepasamos o que hai na Horta en función da estación, despois ulimos romero, sabugueiro, albahaca e lavanda e plantamos cabazas.
As nenas e nenos de 4 anos repasasamos imáxenes dos distintos cultivos que temos na horta. Preparamos a terra e plantamos tomate e albahaca (cultivos asociados). Por último recollemos fresiñas e regamos.
Os maiores de 6º repasamos os cultivos de verán, recollemos patacas e verza “asa de cántaro”. Despois preparamos a terra e plantamos cabazas.
O pasado venres tivemos o derradeiro obradoiro mensual do trimestre na Horta de Lola
As chicas e chicos de 3 anos fixemos sementeiro de xudía e plantación dos xirasois que tiñamos xerminando dende o mes pasado! E ademais estivemos regando os cultivos que xa están crecendo nos bancais
Á clase de 4 anos toucounos abrir a composteira e peneiramoso compost para empregar como abono natural nos nosos cultivos. Tamén fixemos sementeiro de pementos
Os maiores de 5 anos fixemos limpeza dos bancais e plantación de tomate
A semana pasado o tempo por fin deu un acougo e deixounos sair á HORTA DE LOLA
Os nenos e nenas de 4º fixemos sementeiro de pipas de xirasol e plantamos patacas.
Os de 5º tamén fixemos sementeiro, pero dos pementosvellos colleitados en outono, e ademáis plantamos patacas no bancal de arriba que tiñamos baleiro.
Os rapaces e rapazas de 6ºplantamos verzase botamos compost ao redor, e ademáis estivemos repasandotodas as hortalizas que temos ou tivemos plantadas nalguna ocasión na nosa horta.
Este mes de decembro como actividade asociada á Horta de Lola plantamos sementes de amor. Falamos da importancia de sementar moito amor para loitar contra a violencia no mundo. Primeiro escribimos as palabras e despois as plantamos nunhas xardiñeiras preciosas que primeiro decoramos.
Este mes de novembro os nenos e nenas de 4º aprendimos que cousas podemos plantar na horta e que cousas non, agora xa sabemos que na horta so van os cultivos pequenos. Plantamos brécoles.
Na clase de quinto limpamos e recollemos os cultivos que non aguantan o frío do inverno e despois plantamos coliflor. Ademais tocounos coller a semente do pemento, buscamos no seu interior para sacala e deixala secar. Quedou gardada nun bote ata a primavera.
Os maiores de 6º limpamos e plantamos novas plantiñas que aguantan a choiva coma os allos porros. Ademais collemos a semente do pepino, para iso cortamos o cogombro, sacamos semente e deixamos secar.
E por fin empezamos de novo a coidar a Horta de Lola. Este mes de setembro os nenos e nenas de 3 anos coñecemos a horta e aproveitamos para recoller algunhas das fresiñas que medraron durante o verán. Os peques de 4 saímos a regar para que algunhas das plantacións que temos (cabazas, pepinos e fresas) non deixen de medrar. Na aula de 5 anos colleitamos os últimos pementos e tomates da tempada!