Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Actividades

SEMENTAMOS NA HORTA

E POR FIN PLANTAMOS OS NOSOS GUISANTES NA HORTA, QUE EXPERIENCIA MÁIS ENRIQUECEDORA.

AGORA TEMOS QUE SEGUIR COIDANDOOS E ESPERAR A QUE DEA O SEU FROITO.

 

 

 

OS NOSOS GUISANTES

DESPOIS DUNS DÍAS, OS GUISANTES CRECERON MOITIIIISIMO!!!

REGANDO NA HORTA

O VENRES PASADO OS NENOS DE 3 ANOS PLANTARON NA HORTA OS CHÍCHAROS, XA QUE MEDRARON MOÍTISIMO E HABÍA QUE TRASPLANTOS AOS BANCAIS. NOS FOMOS VER O PLANTÍO E DESPOIS REGAMOS.

A HORTA DE LOLA

IMOS AMOSARVOS NESTE VÍDEO COMO FOI EVOLUCIONANDO A HORTA DE LOLA. MOITO TRABALLO E MOITA ILUSIÓN PUXEMOS TODAS E TODOS NESTE PROXECTO! AGORA A DESFRUTALA, A SEGUIR TRABALLANDO E A VER SE AXIÑA PODEMOS PROBAR ALGÚN PRODUTO DA NOSA HORTA !!

GRAZAS A TODAS E TODOS OS QUE PARTICIPASTES NA CONSTRUCIÓN DA MESMA: AO CONCELLO DE NIGRÁN, QUEN APORTOU MATERIAL, MAN DE OBRA E PARTE DO ORZAMENTO; A DIANA E BEGOÑA, QUENES FIXERON O DESEÑO E TRABALLARON TANTO COAS SÚAS PROPIAS MANS, FACENDO O TRABALLO MÁIS DURO! AO CLAUSTRO DA ESCOLA, IMPLICADO A TOPE EN TODO O PROCESO, AO ALUMNADO, QUE TAMÉN PUXO O SEU GRANCIÑO DE AREA, PERO GRAZAS TAMÉN A TODOS AQUELES QUE FIXESTES PROPOSTAS E APORTASTES ILUSIÓN A ESTA INICIATIVA!

 

SEMILLEIROS DE TOMATES CHERRY!!

XA EMPEZAMOS CO TRABALLO NA HORTA!!! MIRADE COMO FACEMOS OS NOSOS SEMILLEIROS!!!

SEMENTANDO... ESTREAMOS HORTA SEMENTANDO PEMENTOS

O LUNS SAIMOS A HORTA A FACER A SEMENTEIRA:
PLANTAMOS PEMENTOS!
 
QUE GUSTO TOCAR A TERRA, ESTRAER  AS SEMENTES DOS PEMENTOS E DESPOIS REGAR COA PALLIÑA. AGORA TOCA TER PACIENCIA E ESPERAR A QUE O PLANTÍO SAÍA.
 
QUE GAÑAS TEMOS DE VER O RESULTADO!

DESCUBRIMOS A HORTA DE LOLA

SOSPEITABAMOS QUE ALGO ANDABA PASANDO NA PARTE TRASEIRA DA ESCOLA PORQUE MIRABAMOS A DIFERENTES PERSOAS TRABALLANDO ALÍ, PERO... QUE ERA? O VENRES O DESCUBRIMOS:

A HORTA DE LOLA!

PRIMEIRA VISITA A HORTA DE LOLA

 
O VENRES DÍA 7 DE FEBREIRO LOLA DEIXOU UNHA CARTA NA BIBLIOTECA PARA NÓS. QUE SERÍA ? POIS SUXERIUNOS QUE SEGUISEMOS AS PEGADAS QUE HABÍA POLA BIBLIOTECA QUE LEVABAN A PARTE TRASEIRA DO COLE....E QUE PASOU? SORPRESA!! A HORTA DE LOLA, UNHA NOVA ZONA PARA DISFRUTAR NA ESCOLA DA NATUREZA!

XA TEMOS HORTA NA ESCOLA!

ALGO ESTÁ PASANDO NA ESCOLA... QUE SERÁ?

QUE SERÁ O QUE ESTÁ PASANDO NO PATIO DE ATRÁS DA ESCOLA??

AXIÑA O DESCUBRIREDES!! ESTADE MOI ATENTOS E ATENTAS!!

Distribuir contido


by Dr. Radut