HOXE NA HORTA DE LOLA, OBSERVAMOS COMO ÍA O NOSO PLANTÍO. AS PATACAS E AS CENOURAS MEDRARON MOITÍSIMO, E XA ESTÁ SAÍNDO ALGÚN AMORODO!
TAMÉN REGAMOS E BOTAMOS OS RESTOS DAS MERENDA NA COMPOSTEIRA.
PARA REMATAR, NA HORA DE LER, ESCOITAMOS UN CONTO SOBRE COMO FACER UN HORTO: CANDO PLANTAR, QUE PLANTAR, UTENSIOS PRECISOS PARA FACER O HORTO... E QUE ALGÚN XA TEN GAÑAS DE FACER HORTA TAMÉN NA SÚA CASA!
PRIMEIRO FERTILIZAMOS O BANCAL, DESPOIS FIXEMOS UN OCO NA TERRA, INTRODUCIMOS AS PLANTAS, CUBRIMOS CON TERRA E REGAMOS. GUSTOUNOS O ARRECENDO DA HERBA AROMÁTICA!
DIANACONTOUNOS UN CONTO NO QUE UNHA FAMILIA PLANTABA UNHA PATACA, QUE MEDROU TANTO, TANTO, TANTO, QUE PARA ARRINCALA TIVERON QUE TIRAR DELA O AVÓ, A AVOA, O NETO, A NETA, O CAN E ATA O GATO!
POR FIN SAIU A PATACA E TIVERON MOITO QUE COMER E INCLUSO LLES DEU PARA VOLVER A PLANTAR E TER MAIS NUN FUTURO.
LOGO, PLANTAMOS UNHA PATACA NÓS, QUE VEREMOS MEDRAR NA ESCOLA!
ESTA SEMANA FIXEMOS VARIAS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DA POESÍA, QUE FOI O 21 DE MARZO. QUEDARON PENDENTES MAIS ACTIVIDADES PARA A VOLTA DAS VACACIÓNS. ASÍQUE...SÓ VOS ADIANTAMOS QUE ESTIVEMOS TRABALLANDO CO LIBRO "O XARDÍN DE IRENE", DE XOSÉ NEIRA VILAS. POR ISO, NA HORA DE LER, QUIXEMOS TAMÉN FACER UN DEBUXO DE IRENE E INTENTAR ESCRIBIR O TÍTULO.