Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Actividades

HORTA NOVEMBRO

OS NENOS E NENAS DE 6º ESTIVEMOS LIMPANDO E RECOLLENDO OS CULTIVOS QUE NON AGUANTAN O FRÍO PARA PREPARAR O TERREO E PLANTAR.

SACAMOS AS HERBIÑAS, DESCOMPACTAMOS A TERRA CUNHAS FERRAMENTAS E ABONAMOS CON COMPOST. COA TERRA PREPARADA PLANTAMOS COL KALE.

COLLEITAMOS NABICOL PARA LEVAR A CASIÑA.

A HORTA DE LOLA : NOVEMBRO

EN NOVEMBRO NA HORTA DE LOLA:
ULIMOS ALLOS E CEBOLAS
RETIRAMOS MALAS HERBAS DO BANCAL DE ABAIXO
PLANTAMOS ALLOS NO BANCAL DE ARRIBA
PLANTAMOS FLORES EN MACETAS
E NON FIXO FALTA REGAR, CLARO!!!

A HORTA DE LOLA: OUTUBRO

 
ESTE MES NA HORTA DE LOLA:
RECOLLEMOS SEMENTES SECAS DO BANCAL DE:
ALBAHACA, ACELGA E PEMENTOS
RETIRAMOS MALAS HERBAS DO BANCAL DE ABAIXO E ABOAMOS Á TERRA
PLANTAMOS PORROS E NAVICOL
DESPOIS REGAMOS
 

OBRADOIRO DA HORTA EN OUTUBRO

NESTE MES DE OUTUBRO A TODOS OS NENOS E NENAS DE 6º TOCOUNOS LIMPAR A HORTA DOS CULTIVOS DE VERÁN PARA COMEZAR COAS PLANTACIÓNS DE INVERNO.

FIXEMOS A LIMPEZA, QUITANDO AS HERBAS, ABONAMOS A TERRA CON COMPOST PARA QUE OUTROS COMPAÑEIROS/AS POIDAN PLANTAR.

COLLEITAMOS ALLOS PORROS E RECOLLIMOS A SEMENTE DE TOMATE E ALBAHACA.

A HORTA DE LOLA

FOMOS VISITAR Á HORTA DE LOLA PARA VER SE TIÑAMOS ALGO DE FROITO DESPOIS DE TODO O VERÁN !

E SORPRESA... AÍNDA APAÑAMOS UNS PEMENTOS E UNS TOMATES.

DESTA VOLTA FOI ALEJANDRO QUE OS LEVOU PARA CASA PARA SABOREAR!

COLLEITA DE PATACAS

 

O VENRES COLLEITAMOS PATACAS,

FOI MÁXICO ATOPALAS NA TERRA.

DESTA VOLTA...

NIL, NICOLÁS E CELIA LÉVANAS PARA PROBAR!

OBRADOIRO DA HORTA DE LOLA (xuño)

O pasado venres tivemos o derradeiro obradoiro mensual do curso 21/22 con Somos Terra na Horta de Lola.

As chicas e chicos de 5 anos colleitamos leituga, acelga, guisantes e fabas, e abrimos o composteiro para observar o que sucedeu cos restos orgánicos durante este tempiño. Despois limpamos a horta e preparamos palla para a plantación de porros.

Á clase de 4 anos toucounos aprender certa información sobre a importancia e as funcións que ten o composteiro, limpamos e recollemos remolachas, cebolas e alliños.

Os nenos e nenas de 3 anos gozamos facendo o transplante de cabazas ao bancal e tamén pasamos o aguacate a unha maceta mais grande. Ademáis sacamos pepitas de sandía para facer semilleiros na clase. Por último regamos un pouquiño a horta.

Moitas grazas por todo Diana e Raquel! Vémonos o próximo curso!

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DA HORTA DE LOLA (maio)

Este luns tivemos obradoiro na Horta de Lola.

Os nenos e nenas de 3 anos fixemos sementeira de cabaza, transplantamos cabaciños ao bancal e realizamos ambientadores con Romeu.

Na aula de 4 anos, colleitamos leituga, limpamos a horta de malas herbas, fixemos a plantación asociada de pementos e tomiño, e tamén de xudías. Ademáis colocamos plantiñas para facilitar a polinización.

Os nenos e nenas de 5 anos colleitamos leituga, repolo, cebolleta e acelga, abonamos a terra e despois plantamos albahaca, tomate e tajete.

Moito estamos a traballar na nosa horta e estanse a ver os bos resultados!

 

 

Obradoiro da Horta de Lola

O pasado venres tivemos obradoiro na horta de Lola! 

O nenos e nenas de 3 anos ulimos as distintas herbas aromáticas da nosa horta, tratando de diferencialas. Ademáis plantamos patacas e transplantamos os cabaciños aos bancais.

Os de 4 anos recoñecemos mediante o sentido do olfacto o tomiño, a albahaca e o prixel. Despois plantamos xudías e colleitamos acelga.

As nenas e nenos da aula de 5 anos ulimos a lavanda que temos a piques de florecer, plantamos as ceboliñas que tiñamos xerminadas nos nosos semilleiros da aula e, finalmente, colleitamos chícharos, ceboleta e leituga. 

Que ben o pasamos!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut