Estes días, os nenos e nenas de 6º iniciamos o traballo na Horta de Lola!
O primeiro que fixemos foi saír a investigar o que pasou coa nosa produción do curso pasado. A nosa plantación grelou, polo que recollemos algúns froitos e flores para extraerlles as sementes, poñelas a secar e deixalas listas para se volver a plantar nun futuro.
ESTOS DÍAS ESTIVEMOS DISFRUTAMOS E APRENDEMOS COAS SEGUINTES PROPOSTAS RELACIONADAS COA HORTA:
CONSTRUIMOS UN HOTEL DE INSECTOS, A FAMILIA DE CLAUDIA COLABOROU NA PROPOSTA E FIXÉRONNOS A ESTRUCTURA DO HOTEL.Graciñas !
INVESTIGAMOS SOBRE OS BICHIÑOS QUE VISITAN A HORTA ( ABELLAS, ABISPAS, ESCARABELLOS, XOANIÑAS, PULGÓNS, MIÑOCAS... ) E ONDE LLE GUSTARÍA PERMANECER SE VISITASEN O HOTEL : CARTÓN, CANAS, PIÑAS OU PAUS.
REGAMOSÁ HORTA
BUSCAMOS O OUREGO NO BANCAL E DESPOIS COLLEMOS UNHAS RAMAS QUE TEMOS SECANDO NA AULA.
CORTAMOS " POMPOS / FLORES " DA HERBA DE NAMORAR QUE TEMOS NA HORTA E PLANTAMOS EN MACETAS HERBA DE NAMORAR.