Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Actividades

XA NACERON OS XIRASOIS!

SEMENTANDO XIRASOIS

A HORTA DE LOLA

 

DIANA TRÚXONOS SEMENTES DE:

1.CABAZA

2.TIRABEQUES

3.XIRASOL

4.CEBOLA

5.LEITUGA

6.CENOIRA

 

AGORA XA PODEMOS FACER SEMENTEIROS.

E REGAR COAS NOSAS PIPETAS.

 

 

O PROXECTO: SEMENTANDO CON LOLA

NO ARQUIVO ADXUNTO PODEDES CONSULTAR A REDACCIÓN DO PROXECTO

"SEMENTANDO CON LOLA"

A HORTA DE LOLA

SAÍMOS Á HORTA DE LOLA PARA OBSERVAR OS NOSOS CULTIVOS.

XA PODEMOS APAÑAR AS HORTALIZAS!

SORTEAMOS A LEITUGA E A COLIFLOR.

JULIA E XIANA COLLERON OS PAPELIÑOS

PREMIADOS.

OBSERVANDO E RECOLLENDO NA HORTA

ESTA SEMANA FOMOS A HORTA DE LOLA, COA AXUDA DE DIANA SOUBEMOS QUE A LEITUGA, AS COLIFLORES E MAIS OS RABANITOS XA PODIAMOS RECOLLELOS.
 
A NOSA CLASE TOCOUNOS RECOLLER A COLIFOR, ASÍ QUE...
 
REXISTRAMOS NUNHA FICHA DATOS SOBRE A COLIFLOR: DE QUÉ COR É, COMO SE PODE COMER, CANTAS COLIFLORES HABÍA EN TOTAL NA HORTA, CANTO PESARÍA A QUE RECOLLEMOS ( FIXEMOS ESTIMACIÓNS E DESPOIS PESAMOS NUNHA BÁSCULA )...UNHA VEZ FEITO O TRABALLO LEONARDO LEVOU A COLIFLOR PARA CASA PARA FACER UN BO PLATO DELA. UMMM QUE RICA !

COIDADO DOS CARACOIS

ESTOS DÍAS ESTIVEMOS COIDANDO OS CARACOIS NA CLASE.

PABLO, CLAUDIA E ROQUE TROUXERON  COMIDA PARA ELES: BERZA, TOMATE E MUSGO.

HOXE APROVEITANDO QUE FOMOS POR PANXÓN BUSCAMOS UN LUGAR AXEITADO PARA DEIXALOS E QUE VIVAN LIBRES ONDE QUEIRAN.

QUIZAIS A VOLTA DAS VACACIÓNS VOLVAMOS A FACER OUTRA CASIÑA E COLLER MAIS CARACOIS DA HORTA DE LOLA, XA QUE A ACTIVIDADE GUSTOUNOS MOITO!

CASIÑA DE CARACOIS

HOXE FOMOS Á HORTA A BUSCAR CARACOIS, XA QUE ESTABAN COMENDO O NOSO PLANTÍO. TOPAMOS DOUS CARACOIS E FIXEMÓSLLE UNHA CASIÑA NUN BOTE DE CRISTAL. SEGUINDO AS INDICACIÓNS DE DIANA NO BOTE METEMOS: TERRA, PAUS, FOLLAS, PEDRIÑAS, CASCAS DE MANDARINA E FOLLA DE ACELGA.

IMOS COIDALOS NA CLASE E BOTARÉMOSLLE COMIDA NA NOVA CASIÑA, DESTE XEITO MELLORARÁ A NOSA HORTA.

FUNCIONANDO COA COMPOSTEIRA

OS MÉRCORES E VENRES IMOS BOTAR AS CASCAS DA FROITA Á COMPOSTEIRA. DESTA VEZ TOCOULLE AOS MEMBROS DO EQUIPO 3. O CALDEIRO VERMELLO, ONDE DEPOSITAMOS OS RESTOS, TÉMOLO NA CLASE PARA APROVEITAR O QUE NOS SOBRA DAS MERENDAS. DESPOIS BOTÁMOSLLE FOLLAS SECAS POR RIBA ( ESTRUCTURANTE ).

SEMENTANDO CON LOLA: A COMPOSTEIRA

 
 
 
DIANA ESTIVO EXPLÍCANDONOS QUE É UNHA COMPOSTEIRA, XA QUE AGORA TEMOS UNHA NA ESCOLA.
GRAZAS Á HISTORIA DA  MIÑOCA, A CADELA DE FRADE, OS CARACOIS E  O RATO COMPRENDEMOS COMO UTILIZALA. A PARTIR DE AGORA OS MÉRCORES E VENRES SAIREMOS A COMPOSTEIRA A TIRAR O QUE NOS SOBRA DAS MERENDAS ( CASCAS DE PLÁTANO, LARANXA, KIWI... ) E POR RIBA BOTÁMOSLLE FOLLIÑAS SECAS DO OUTONO QUE ESTÁN DEPOSITDAS NO CUBO ROSA.
 
ESTAMOS DESEXANDO VER QUE OCORRE CO PASO DO TEMPO NA COMPOSTEIRA...
 
Distribuir contido


by Dr. Radut