Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Actividades

NOVO PLANTÍO NA HORTA DE LOLA

HOXE DIANA TRASPLANTOU NA HORTA DE LOLA ESTAS PLANTIÑAS, QUEN SABE QUE SON?????

LOLA E HELENA NA HORTA

ESTA MAÑÁ VIÑERON LOLA E HELENA RODRÍGUEZ Á HORTA DE LOLA COAS SÚAS MAMÁS E RECOLLERON BRÉCOL E GUISANTES!!!!

UMMMM DE SEGURO QUE FIXERON UN RICO XANTAR!!!

 

GUISANTES E BRÉCOL NA HORTA DE LOLA

OLA FAMILIAS!

A HORTA DE LOLA SIGUE DÁNDONOS PRODUTOS RICOS PARA COMER!!

PARA MAÑÁ TEMOS GUISTANTES E BRÉCOL. QUENES QUEIRAN PASAR A RECOLLELOS DEBERÁN ENVIAR UN MAIL A pequesdepanxon@gmail.com O ANTES POSIBLE.

POLO MOMENTO SÓ TEMOS PARA DÚAS FAMILIAS, PERO NON VOS PREOCUPEDES PORQUE SE ESCRIBIDES ANOTÁMOSVOS PARA A SEGUINTE VEZ.

NA HORTA DE LOLA

ESTA MAÑÁ LUCÍA E AIMAR VIÑERON COAS SÚAS MAMÁS A RECOLLER PRODUTOS DA HORTA DE LOLA. QUEREMOS VER QUE PLATOS TAN SOBOROSOS PREPARADES!!!

FOI XENIAL VERVOS!!!

CANDO TEÑAMOS MÁIS PRODUTOS PARA RECOLLER VOLVEREMOS AVISAR NA PÁXINA WEB.

XA TEMOS LEITUGAS NA HORTA LISTAS PARA RECOLLER!!!!!

OLA CATIVADA!! OLA FAMILIAS!!

MIRADE COMO MEDRARON AS LEITUGUIÑAS QUE PLANTASTES!!! BRAVO!!! ALGUNHAS XA ESTAN LISTAS PARA COMER  E FACER UNHA RICA ENSALADA!!!

ASÍ QUE ATENTOS: AS PRIMEIRAS FAMILIAS QUE ENVÍEN UN CORREO ELECTRÓNICO A: pequesdepanxon@gmail.com PODERÁN VIR Á ESCOLA E RECOLLER UNHA!!!! O PROCEDEMENTO É O SEGUINTE:

  • Enviar un correo electrónico dicindo que sodes a familia do alumn@... e que queredes recoller unha leituga.
  • Se hai máis correos que leitugas, non vos preocupedes, seres os primeiros en optar a recoller o seguinte produto que nos ofreza a horta (guisantes, repolos, etc)
  • Vir á escola cun útil para cortala vós mesmos da horta e con bolsa para levala*.
  • O horario de recollida será dende o luns 11 ata o mércores 13 de 10:00 a 11:00. No correo que enviedes debes indicar que día e a que hora vos iría ben. Contestarémosvos confirmando a cita.
  • Agradecemos enormemente que nos enviedes de volta unha foto coa rica ensalada que preparedes!!!

*Esta medida é para tentar respectar o máximo posible as recomendacións sanitarias que nos dita a Xunta de Galicia nos procedementos de atención ao público. Ademais procurarase que non haxa acercamento entre as persoas, respectarase a distancia de 2 metros e o tempo de estancia será o mínimo. Lamentamos que sexa así e que non poidamos darnos unha aperta como nos encantaría, pero é polo ben de todos. Explicade por favor á cativada estas medidas para que entendan que a mestra que vos vai recibir non se vai achegar a darlle esa aperta e eses bicos que nos dariamos se non fose por estas necesarias restricións. Agardamos poder achucharnos axiña!!!!

BULIDE!!! AGARDAMOS OS VOSOS CORREOS!!!!

 

 

A HORTA DE LOLA

OLA NENOS E FAMILIAS!

 
NESTE MES E MEDIO SEN COLE A HORTA DE LOLA SEGUIU MEDRANDO...
 
OS SEMILLEIROS DE PEMENTOS E TOMATES, OS BANCAIS CON CHÍCHAROS, LEITUGAS, CENOURAS, CEBOLAS, COLES E BRÓCOLIS, AS BOMBAS DE SEMENTE E OS XACINTOS MEDRARON MOITO!
 
A CHUVIA DA PRIMAVERA E O SOL AXUDARON  AO NOSO PLANTÍO! 
 
MIRADE  NO VIDEO!
 

A HORTA DE LOLA

PEQUES, SEGURO QUE ESTABADES PREOCUPADOS POLA NOSA HORTA!!! POIS BEN, A RATIÑA LOLA MANDOUME ESTAS FOTOS DA HORTA E DOS SEMILLEIROS, VEREDES QUE TODO SEGUE MEDRANDO!!

 

 GRAZAS A NAEL E Á PROFE YOLI QUE COIDADES DA NOSA HORTA!!! AXIÑA ESTAREMOS DE VOLTA PARA FACELO ENTRE TODAS E TODOS

PLANTAMOS BOMBAS DE SEMENTE

ONTE FOMOS A PLANTAR UNHAS BOMBAS DE SEMENTE QUE TROUXO ROQUE DE AGASALLO. TAMÉN REGAMOS OS REPOLOS E OS BRÓCOLIS E FOMOS A VER SE XA APARECEN CARACOIS OU BABOSAS... PERON NON! POLO MOMENTO PODEMOS ESTAR TRANQUILOS...JEJEJE

PLANTAMOS REPOLO E BRÓCOLI

ONTE FOMOS Á HORTA A PLANTAR REPOLO E BRÓCOLI. DIANA, ENSINOUNOS COMO FACELO E MAIS COMO COIDAR TODO DESPOIS:
- ESTAR PENDENTES SE HAI CARACOIS OU BABOSAS QUE QUEIRAN COMELOS, E SE É ASÍ, RECOLLELOS PARA LEVAR A OUTRO SITIO.
- E MOI IMPORTANTE, REGALOS A MIÚDO SE NON CHOVE.
 
ESTAMOS MOI ILUSIONADOS!
 

PLANTANDO NA HORTA DE LOLA!!!

HOXE FOMOS Á HORTA DE LOLA A PLANTAR CEBOLAS E CENORIAS! AQUÍ PODEDES VER COMO DISFRUTAMOS CON ESTA ACTIVIDADE!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut