Responder ó comentario
XA TEMOS LEITUGAS NA HORTA LISTAS PARA RECOLLER!!!!!
OLA CATIVADA!! OLA FAMILIAS!!
MIRADE COMO MEDRARON AS LEITUGUIÑAS QUE PLANTASTES!!! BRAVO!!! ALGUNHAS XA ESTAN LISTAS PARA COMER E FACER UNHA RICA ENSALADA!!!
ASÍ QUE ATENTOS: AS PRIMEIRAS FAMILIAS QUE ENVÍEN UN CORREO ELECTRÓNICO A: pequesdepanxon@gmail.com PODERÁN VIR Á ESCOLA E RECOLLER UNHA!!!! O PROCEDEMENTO É O SEGUINTE:
- Enviar un correo electrónico dicindo que sodes a familia do alumn@... e que queredes recoller unha leituga.
- Se hai máis correos que leitugas, non vos preocupedes, seres os primeiros en optar a recoller o seguinte produto que nos ofreza a horta (guisantes, repolos, etc)
- Vir á escola cun útil para cortala vós mesmos da horta e con bolsa para levala*.
- O horario de recollida será dende o luns 11 ata o mércores 13 de 10:00 a 11:00. No correo que enviedes debes indicar que día e a que hora vos iría ben. Contestarémosvos confirmando a cita.
- Agradecemos enormemente que nos enviedes de volta unha foto coa rica ensalada que preparedes!!!
*Esta medida é para tentar respectar o máximo posible as recomendacións sanitarias que nos dita a Xunta de Galicia nos procedementos de atención ao público. Ademais procurarase que non haxa acercamento entre as persoas, respectarase a distancia de 2 metros e o tempo de estancia será o mínimo. Lamentamos que sexa así e que non poidamos darnos unha aperta como nos encantaría, pero é polo ben de todos. Explicade por favor á cativada estas medidas para que entendan que a mestra que vos vai recibir non se vai achegar a darlle esa aperta e eses bicos que nos dariamos se non fose por estas necesarias restricións. Agardamos poder achucharnos axiña!!!!
BULIDE!!! AGARDAMOS OS VOSOS CORREOS!!!!