Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Actividades

DECORACIÓN DAS MACETAS DA HORTA

ESTOS DÍAS ESTIVEMOS PINTANDO AS MACETAS DO BANCAL VERTICAL DA HORTA DE LOLA. NESAS MACETAS OS MAIORES PLANTARON OS AMORODOS.

NESTA ACTIVIDADE PARTICIPAMOS TODAS AS CLASES,

VAI A QUEDAR A HORTA PRECIOSA CON TANTO COLORIDO!

21 DE MARZO, DÍA PA POESÍA: INAUGURACIÓN DO BANCAL DE ROSALÍA

 
ESTE LUNS 21 DE MARZO, CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA DA POESÍA, TIVEMOS UN ACTO MOI ESPACIAL: A INAUGURACIÓN DO BANCAL DE ROSALÍA DE CASTRO DA HORTA DE LOLA, NO QUE O ALCALDE DE NIGRÁN DESTAPOU A IMAXE DE ROSALÍA PARA POSTERIORMENTE OS NENOS/AS RECITAR UNS VERSOS DO POEMA PARECE "PARECE UNHA ROSA" E CANTAR UN FRAGMENTO DA CANCIÓN "ROSALÍA PEQUENIÑA" DE UXÍA.
 
MOITAS GRAZAS AO CONCELLO DE NIGRÁN, AO ALCADE E Á CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN, A "SOMOS TERRA", E ÁS FAMILIAS.

RIQUÍSIMAS LEITUGAS DA HORTA DE LOLA

A SEMANA PASADA LEVAMOS A CASA LEITUGUIÑAS

DA HORTA DE LOLA.

¡ ESTAS SON AS SABOROSAS ENSALADAS QUE PREPARAMOS!

 

 

A HORTA DE LOLA. Obradoiro 16.03.22

Hoxe tivemos Obradorio na Horta de Lola. Preparamos e sachamos a terra para facer novas plantacións. Transplantamos chícharos que tiñamos xerminando nos nosos sementeiros, fixemos plantación en botelllas de cebolas e leitugas así como de cabaciño en testo e amorodos nos bancais. Tamén colleitamos algunhas das hortalizas que xa estaban listas para comer: leituguiñas e brócoli! Que ben o pasamos!

OBRADOIRO DA HORTA DE LOLA: TRANSPLANTAMOS FABAS E SEMENTEIRA DE CHÍCHAROS

O VENRES 28 DE XANEIRO FOMOS A HORTA DE LOLA.

COA AXUDA DE DIANA E MAIS RAQUEL,

TRANSPLANTAMOS AO BANCAL AS FABAS E FIXEMOS SEMENTEIRA DE CHÍCHAROS.

TAMÉN ULIMOS OS ALLOS QUE PLANTARON OS COMPIS MAIORES DA ESCOLA.

 

 

 

OBRADOIRO DA HORTA DE LOLA: PLANTAMOS FABAS

SEMENTEIRA DE ALLOS

NESTE MES DE DECEMBRO COÑECIMOS UN POUCO MÁIS AOS ALLOS; UNHA HORTALIZA QUE REFORZA AS NOSAS DEFENSAS FRONTE A INFECCIÓNS RESPIRATORIAS.

IDENTIFICAMOS AS PARTES, SEPARAMOS OS DENTES E PLANTÁMOLOS EN MACETAS.

 

O CHEIRO DOS ALLOS EVITARÁ QUE OS BECHOS VEÑAN Á HORTA PARA COMER OS NOSOS CULTIVOS!!

Plantación de Outono en 6º!

Ola! Como sabedes estes días estivemos renovando a plantación da nosa horta. Diana tróuxonos repolos, brécol, coliflor e mais apio, así que temos moito traballo por diante!

Seguiremos informando!

Saudiños!

SEMENTANDO NA HORTA DE LOLA

O VENRES 5 DE NOVEMBRO FOMOS A HORTA DE LOLA A PLANTAR CHÍCHAROS E MAIS LEITUGAS CON DIANA.

ENCANTOUNOS POR PRIMEIRA VEZ PLANTAR NOS BANCAIS E ESTAMOS DESEXANDO QUE MEDRE!

 

 
DESPOIS DE PLANTAR REXISTRAMOS O NOSO TRABALLO E ESCOITAMOS O CONTO DE " AÍNDA NADA ? " DE CHRISTIAN VOLTZ. NO QUE O SEÑOR LUIS TAMÉN PLANTABA E TIÑA MOITA PACIENCIA ESPERANDO ATA QUE MEDRARA.

PLANTACIÓN DE REPOLOS E CEBOLIÑAS

DIANA VEUNOS VISITAR PARA FACER CONNOSCO A PRIMEIRA PLANTACIÓN DO CURSO NA HORTA DE LOLA.

ENSINOUNOS COMO PLANTAR REPOLOS E, AO SEU CARÓN, CEBOLIÑAS QUE, CO SEU CHEIRO, ESPANTARÁN AOS PULGÓNS QUE QUEIRAN COMELOS.

APROVEITAMOS PARA ENSINARLLE AS SEMENTES QUE EXTRAÍMOS DOS TOMATES, XUDÍAS E CABAZA NO PASADO MES DE OUTUBRO E APROBOUNOS CON MOI BOA NOTA!!

Distribuir contido


by Dr. Radut