Responder ó comentario
A HORTA DE LOLA. Obradoiro 16.03.22
Hoxe tivemos Obradorio na Horta de Lola. Preparamos e sachamos a terra para facer novas plantacións. Transplantamos chícharos que tiñamos xerminando nos nosos sementeiros, fixemos plantación en botelllas de cebolas e leitugas así como de cabaciño en testo e amorodos nos bancais. Tamén colleitamos algunhas das hortalizas que xa estaban listas para comer: leituguiñas e brócoli! Que ben o pasamos!