Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

OBRADOIRO DA HORTA DE LOLA (xuño)

O pasado venres tivemos o derradeiro obradoiro mensual do curso 21/22 con Somos Terra na Horta de Lola.

As chicas e chicos de 5 anos colleitamos leituga, acelga, guisantes e fabas, e abrimos o composteiro para observar o que sucedeu cos restos orgánicos durante este tempiño. Despois limpamos a horta e preparamos palla para a plantación de porros.

Á clase de 4 anos toucounos aprender certa información sobre a importancia e as funcións que ten o composteiro, limpamos e recollemos remolachas, cebolas e alliños.

Os nenos e nenas de 3 anos gozamos facendo o transplante de cabazas ao bancal e tamén pasamos o aguacate a unha maceta mais grande. Ademáis sacamos pepitas de sandía para facer semilleiros na clase. Por último regamos un pouquiño a horta.

Moitas grazas por todo Diana e Raquel! Vémonos o próximo curso!

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut