Responder ó comentario
A HORTA DE LOLA (setembro)
E por fin empezamos de novo a coidar a Horta de Lola. Este mes de setembro os nenos e nenas de 3 anos coñecemos a horta e aproveitamos para recoller algunhas das fresiñas que medraron durante o verán. Os peques de 4 saímos a regar para que algunhas das plantacións que temos (cabazas, pepinos e fresas) non deixen de medrar. Na aula de 5 anos colleitamos os últimos pementos e tomates da tempada!